O BNG – Asembleas Abertas pide que “un modelo participativo” para deseñar o transporte público

O BNG – Asembleas Abertas pide que “un modelo participativo” para deseñar o transporte público

IMG_1779“Non pode quedar unicamente nas mans da empresa concesionaria, as entidades, asociacións e colectivos teñen que poder opinar e o concello ten que ter a última palabra” dixo Arroxo

Rubén Arroxo dixo que entre as propostas que levará o seu grupo haberá unha para crear un modelo de transporte intermodal bicibus

Lugo, 11 de febreiro de 2016. O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo, sinalou a respecto da concesión de transporte público que o deseño do modelo de transporte para Lugo “non pode quedar unicamente nas mans da empresa concesionaria” e propuxo que o concello estableza cauces de participación para que “as entidades, asociacións e colectivos teñen que poder opinar”. O goberno municipal ten que establecer cauces para que calquera veciña ou veciña, colectivo ou entidade poida facer aportacións .

Arroxo ofreceu ao BNG – Asembleas Abertas como canle para presentar propostas para todas aquelas persoas queiran facer aportacións.Para o BNG – Asembleas Abertas “está claro que Lugo precisa dunha revisión a fondo das liñas de autobuses pero esa revisión tense que facer contando coas aportacións de toda a corporación, dos colectivos, das entidades e tamén de persoas que, a título individual, poden mellorar o funcionamento dos buses”. Rubén Arroxo anunciou que o BNG – Asembleas Abertas transladará, ao longo deste ano, propostas neste senso.  

Rubén Arroxo dixo, sobre o modelo de transporte público, que “é o concello quen ten que ter a última palabra”. Arroxo coincidiu co voceiro do goberno municipal en que “a empresa é quen ten máis experiencia para facer unha proposta, pero o concello é quen ten que tomar a decisión final” e lembrou que “as empresas teñen os seus intereses particulares e o concello ten que velar polos intereses dos lucenses que son quen paga o servizo”.

Servizo intermodal bicibus

A primeira das iniciativas que o BNG – Asembleas Abertas lle presentará ao goberno municipal, para mellorar e optimizar o servizo público de transporte, será a de crear un sistema intermodal bicibus que permita que usuarios do transporte público poidan transportar as súas bicicletas dentro dos autobuses. Rubén Arroxo lembrou que na concesión está contemplada a compra de 12 novos autobuses e sinalou que “os novos autobuses urbanos deberan ter un lugar para que os ciclistas poidan transportar as súas bicicletas dentro dos buses”. Arroxo indicou, tamén, que “o servizo de transporte urbano debería estar vencellado ao de préstamo de bicicletas e a tarxeta do bus debería servir, tamén, para o servizo de préstamo de bicicletas no momento en que este se poña en marcha de novo”.

 

O BNG – Asembleas Abertas pide que “un modelo participativo” para deseñar o transporte público