O BNG-Asembleas Abertas pide a retirada dos vehículos abandonados na praza de Bretaña
Rubén Arroxo sinalou que algún destes coches leva máis dunha década aquí estacionado e son un mal exemplo das administracións no referente á imaxe da cidade
Lugo, 15 de febreiro de 2016. O BNG Asembleas Abertas reclamou do goberno municipal que se fagan as xestións necesarias para buscar outro emprazamento para os vehiculos que permanecen inmobilizados na praza de Bretaña baixo a tutela xudicial. Rubén Arroxo sinalou que algún destes coches leva máis dunha década aquí estacionado e engadiu que entendemos que o goberno municipal pode facer as xestións precisas coa autoridade xudicial ou cos responsables da subdelegación do goberno para atopar unha solución para estes vehículos.
Arroxo dixo que se os coches fosen abandonados deste xeito por calquera persoa xa terían sido retirados e non é normal que as administracións os manteñan aquí como se esto fose un desguace urbán. Sobre unha decena de vehículos permanecen nas inmediacións da comandancia da Garda Civil na praza de Bretaña en estado de abandono e albergando no seu entorno suciedade e mesmo maleza que xa medrou ao seu arredor.
O BNG Asembleas Abertas, ademais, demanda do goberno municipal que efectivice a retirada de vehículos abandoados das rúas. Arroxo dixo que esto tamén debe facerse con aqueles que, estando baixo a custodia doutras administracións, causan unha mala imaxe da cidade e e son un mal exemplo das administracións no referente á imaxe da cidade