Dez propostas de uso social de terreos baleiros fará o BNG-Asembleas Abertas no pleno
Rubén Arroxo sinalou que lucenses e propietarios poderán benficiarse deste programa de uso social de terreos baleiros cando o goberno o poña en marcha
Entre as propostas figuran iniciativas que se están a levar a cabo con éxito en concellos gobernados polo BNG como a realización de murais artísticos nas medianas
Lugo, 16 de febreiro de 2016. Rubén Arroxo anunciou que o BNG Asembleas Abertas levará ao pleno do concello unha iniciativa para presentar un total de 10 propostas concretas para dar uso a terreos baleiros de propietarios particulares. O BNG AA insta ao goberno municipal a iniciar o estudo necesario para poder chegar a acordos ca/os propietarias/os dos predios baleiros de cara a que se lle poidan dar usos alternativos, públicos e sociais mentres non decidan edificar neles. Os ediles do BNG Asembleas Abertas presentaron esta iniciativa na rúa Montevideo donde existen dous predios que neste momento non teñen uso, un na intersección con Quiroga Ballesteros e outro no cruce coa rúa Nova.
Entre as propostas figuran iniciativas que se están a levar a cabo con éxito en concellos gobernados polo BNG, así Arroxo propuxo executar un plan de colaboración coas comunidades de edificios para que aqueles que teñen medianas de grandes dimensións con acabados enfoscados poidan apostar pola realización de murais artísticos. Este tipo de iniciativas mellora considerablemente a estética e atenúa o feismo urbanístico.
Vemos como hai moitos solares abandonados que non son de utilidade, neste momento, para propietarios e que en moitos casos lles supoñen un gasto de mantemento incicou Rubén Arroxo e engadiu o goberno municipal podería aplicar exencións no IBI e asumir os custos de acondicionamento destes terreos para convertilos e espazos útiles para os lucenses. Arroxo explicou que habería que chegar a acordos individualizados en cada caso e a propiedade podería recuperar o uso da parcela no momento en que o solicitase.
10 propostas concretas
Os terreos baleiros da cidade e arredores poderían ser usados de múltiples formas. Arroxo nomeou dez propostas concretas como: 1- aparcadoiros, 2- puntos de segunda oportunidade, 3-zonas deportivas, 4- hortos urbanos, 5- zona de actividades para a 3ª idade, 6- caniles, 7- xogos infantís, 8- área de expresión xuvenil con zona de graffiti e skate, 9- espazos artísticos abertos e 10- parques biosaudables.