Os sumidoiros da rúa Pintor Corredoira permanecen atascados despois das obras de pavimentación
Residentes da zona trasladaron as súas queixas ao BNG AA tras as choivas dos días pasados e ante a pasividade do goberno local
Rubén Arroxo denunciou, tamén, o mal estado da intersección de Pintor Corredoira coa rúa Armórica polo soterramento dunha canalización
Lugo, 17 de febreiro de 2016. Rubén Arroxo denunciou o estado no que quedou o sistema de recollida de augas pluviais da rúa Pintor Corredoira despois das obras de pavimentación que recentemente se realizaron. Arroxo comprobou persoalmente como a maior parte dos sumidoiros están completamente atascados. Residentes da zona trasladaron as súas queixas ao BNG AA tras as choivas dos días pasados e ante a pasividade do goberno local.
O pavimento xa comenza a estar en mal estado e a esto contribúe que os sumidoiros estén atascados explicou Arroxo que lembrou que esta rúa foi asfaltada recetemente con fondos procedentes dos remanentes municipais obras acordadas polo PP e PSOE para gastar preto de 5 millóns de euros e periodo electoral. O voceiro do BNG Asembleas Abertas denunciou, tamén, o mal estado da intersección de Pintor Corredoira coa rúa Armórica polo soterramento dunha canalización.