O BNG–Asembleas Abertas pide solucións para o tráfico na intersección de Ángelo Colocci con Sto. Grial

O BNG–Asembleas Abertas pide solucións para o tráfico na intersección de Ángelo Colocci con Sto. Grial

Rubén Arroxo dixo que ““a peligrosidade desta intersección na que xa se teñen producido varios accidentes de tráfico”

Lugo, 4 de decembro de 2015. O voceiro municipal do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo anunciou que presentarán unha inciativa dirixida no concello para que se estuden as solucións oportunas para mellorar a seguridade no cruce entre a rúa Angelo Colocci e a rúa Santo Grial. Rubén Arroxo sinalou “a peligrosidade desta intersección na que xa se teñen producido varios accidentes de tráfico”.angelo colocci

 

Arroxo explicou que “no barrio da Piringalla, na intersección entre a rúa Angelo Colocci e a rúa Santo Grial existe un cruce complexo e onde xa ten habido varias colisións de vehículos, dado que algunhas persoas non teñen clara a preferencia ou non son capaces de percibir a chegada dalgún vehículos por ser un cruce de dúas rúas con dobre sentido”. O voceiro nacionalista sinalou que “isto vese ampliado no horario de saída e entrada dos centros educativos da zona”.

O BNG–Asembleas Abertas pide solucións para o tráfico na intersección de Ángelo Colocci con Sto. Grial