O BNG-Asembleas Abertas pide que se tomen solucións cas fincas urbanas sen desbrozar

O BNG-Asembleas Abertas pide que se tomen solucións cas fincas urbanas sen desbrozar

Para Rubén Arroxo “atopámonos fincas tan cheas de maleza que chegan a ocupar a propia beirarrúa impedindo o paso”IMG_1301

Lugo, 27 de agosto, 2015. O BNG - Asembleas Abertas pídelle ao goberno municipal que busque solucións para que os predios abandonados sexan desbrozados “atopámonos fincas tan cheas de maleza que chegan a ocupar a propia beirarrúa impedindo o paso” dixo Rubén Arroxo. Dende o grupo nacionalista informan que nestes últimos días foron varios os veciños e veciñas que se puxeron en contacto co seu grupo para demandar ao goberno municipal solucións neste aspecto, onde sinalan que a situación máis preocupante dáse nos barrios xa de por si máis abandonados (Lamas de Prados, Feixóo, as Gándaras..). O portavoz municipal sinalou que hai unha lexislación que os propietarios deben de cumprir para evitar precisamente os problemas que se están a dar.

A maiores disto Rubén Arroxo tamén quixo mencionar que están a aparecer roedores e réptiles que crían entre a maleza “xa hai quen viu saír ratas destas fincas, nalgúns puntos moi preto de zonas de xogos infantís ou de colexios”. O grupo municipal nacionalista tamén recalcou que estes terreos acábanse convertendo en vertedoiros incontrolados, dando unha imaxe moi desagradable “nalgúns sitios xúntase a maleza co lixo e iso acaba sendo un perigo importante por risco de incendios cando pasan días sen chover”.

Dende o BNG-Asembeas Aberta aproveitaron esta problemática para volver lanzar a proposta de executar os hortos urbanos naqueles solares, que sendo propiedade do concello, estean en situación de abandono, permitindo así está actividade e  a maiores de aforrar diñeiro municipal nos continuos desbroces, o que sería “unha solución idónea” en palabras do seu portavoz municipal.

 

 

 

 

O BNG-Asembleas Abertas pide que se tomen solucións cas fincas urbanas sen desbrozar