O BNG-Asembleas Abertas propón que as piscinas municipais permanezan abertas mentres dure o bo tempo
Para Rubén Arroxo os horarios e os tempos de apertura das instalacións municipais deben adaptarse ás persoas
O BNG-Asambleas Abertas seguirá a traballar para que, o vindeiro ano, Lugo conte cunha zona pública de baño no río Miño
Lugo, 31 de agosto, 2015. O grupo municipal do BNG Asambleas Abertas fixo unha proposta para que as piscinas municipais exteriores permanezan abertas mentres dure o bo tempo. Rubén Arroxo dixo que é necesario que os horarios e os tempos de apertura das instalacións municipais deben adaptarse ás persoas. O BNG Asambleas Abertas xa fixo diversas proposicións, en relación a outro tipo de instalacións municipais, para que os horarios se adapten ás necesidades das persoas e á realidade das circunstancias.
Arroxo lembrou que o goberno municipal ten previsto o peche das piscinas a día 31 de agosto mentres que a climatoloxía durante o mes de setembro aínda permite o uso desta instalación e son moitos os escolares que non comenzarán as clases ata dentro duns días.
Os nacionalistas trasladáronlle esta iniciativa ao goberno municipal para que estude a posibilidade de manter aberta esta instalación mentres o bo tempo permita que a xente poida disfrutar a mesma e lembraron que é a única instalación pública deste tipo que existe no concello de Lugo.
Rubén Arroxo dixo que o BNG-Asambleas Abertas seguirá a traballar para que, o vindeiro ano, Lugo conte cunha zona pública de baño no río Miño e lembrou que o goberno municipal foi incapaz, nos últimos anos, de sacar adiante este proxecto necesario para Lugo. Arroxo dixo que agora é responsabilidade do PSOE no concello de Lugo e do PP no goberno do estado e da Xunta que Lugo teña, ou non, unha zona pública de baño no río Miño.