O BNG Asembleas Abertas propón un plan de uso social dos terreos baleiros que existen na cidade
Non pode ser que teñamos problemas de aparcamento e espazos baleiros cheos de silvas dixo Rubén Arroxo
O voceiro do BNG Asembleas Abertas dixo que o concello pode chegar a acordos cos propietarios de terreos na cidade para darlles un uso social
Lugo, 5 de febreiro de 2016. O BNG Asembleas Abertas proponlle ao goberno municipal que faga un programa uso social de terreos baleiros. A través deste programa o concello impulsaría un aproveitamento dos terreos que neste momento están sen uso e que poderían ter unha utilización social. Arroxo explicou que estes predios poderían converterse en aparcadoiros públicos, hortos, xardíns, caniles, zonas de xogo infantil, etc... Rubén Arroxo dixo que non pode ser que teñamos problemas de aparcamento e espazos baleiros cheos de silvas.
A proposta do BNG Asembleas Abertas implica que sexa o concello quen se poña en contacto cos propietarios de terreos que neste momento non teñen uso para ofrecerlles a posibilidade de participar neste programa de uso social de terreos baleiros. O concello chegará a acordos cos propietarios de terreos da cidade que agora están baleiros e que, pola súa situación, poden dar un servizo a veciñas e veciños explicou Arroxo.
Vemos como hai moitos solares abandoados que non son de utilidade, neste momento, para propietarios e que en moitos casos lles supoñen un gasto de mantemento incicou Rubén Arroxo e engadiu o goberno municipal podería aplicar exencións no IBI e asumir os custos de acondicionamento destes terreos para convertilos e espazos útiles para os lucenses. Arroxo explicou que habería que chegar a acordos individualizados en cada caso e a propiedade podería recuperar o uso da parcela no momento en que o solicitase.