O BNG DE BARALLA DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DE ABANDONO DA ESTRADA LU-621 BARALLA-LÁNCARA

O BNG DE BARALLA DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DE ABANDONO DA ESTRADA LU-621 BARALLA-LÁNCARA

Baralla-20140118-00601O BNG PÍDELLE AO ALCALDE QUE XESTIONE NA XUNTA O AMAÑO URXENTE

Baralla, 18 de xaneiro de 2014. O BNG de Baralla denunciou hoxe o lamentable estado da estrada LU-621 que une Baralla con Láncara e Póboa de San Xiao. Os nacionalistas critican o abandono da estrada por parte da Xunta e dirixen as súas críticas directas ao alcalde, Manuel González Capón por non reclamar diante do “seu goberno amigo” o amaño urxente da estrada.

O portavoz municipal, Xosé Manuel Becerra, denunciou que a estrada leva abandonada varios anos e o deterioro do firme é tal que hai tramos cheos de buratos, e moitos deles de moita profundidade. Os nacionalistas fan fincapé tamén no risco de accidentes que supón un firme en tan mal estado, e xa se produciron situación de risco, dado que os vehículos se ven obrigados a manobrar e invadir o carril contrario para evitar colisións.

O BNG lembra que xa levou esta petición ao pleno, pero que a realidade demostra que “non hai ningún interese en ocuparse do problema” e inciden nas consecuencias que o paso do inverno vai ter no vial, dado a súa situación de abandono. Os nacionalistas fan fincapé tamén en que é unha situación que se repite nas pistas municipais.

O BNG DE BARALLA DENUNCIA O LAMENTABLE ESTADO DE ABANDONO DA ESTRADA LU-621 BARALLA-LÁNCARA