O BNG CELEBROU UN ACTO PARA REIVINDICAR A REPÚBLICA GALEGA

O BNG CELEBROU UN ACTO PARA REIVINDICAR A REPÚBLICA GALEGA

Os nacionalistas cuestionaron o papel da monarquía española á que calificaron de “decadente”

Lugo, a 28 de maio de 2013. O BNG celebrou un acto para reivindicar unha República Galega e cuestionar o papel da monarquía española nun estado democrático. Para o BNG o actual sistema de monarquía – democrática non é válido para o noso país. Antes do comezo do coloquio entre os asistentes ao acto fixo unha exposición sobre a situación de Galiza, dentro do marco da monarquía española, os profesores da universidade Xoán Carlos Garrido Couceiro e Pilar García Negro. O acto celebrouse na Galería Sargadelos de Lugo e foi convocado polo BNG de Lugo.

No trascurso do acto defendeuse a existencia dun modelo de república soberana, galega, democrática e laica contra o actual modelo monárquico “decadente” que se esta a sufrir no estado español. A responsabel comarcal do BNG, Esther López, reivindicou “a soberanía de Galiza e os valores da esquerda real” como única solución para acadar unha recesión efectiva da actual crise económica. Esther López dixo que “nunha sociedade igualitaria, xusticia social e económica non caen institucións transnoitadas e decimonónicas como a monarquía”.

O BNG CELEBROU UN ACTO PARA REIVINDICAR A REPÚBLICA GALEGA