O BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS DE BENADE PARA EXPLICAR OS CAMBIOS NO 5% DO PXOM

O BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS DE BENADE PARA EXPLICAR OS CAMBIOS NO 5% DO PXOM

Os nacionalistas continúan coa campaña de información sobre un PXOM que PP e PSOE tratan de ocultar

Lugo, a 28 de maio de 2013. O BNG continua cunha campaña informativa sobre os cambios producidos no PXOM tras as modificacións feitas no documento para que fose aprobado pola Xunta e que afectaban ao 5% do territorio. Paz Abraira, sinalou que “a modificación dese 5 %, a pesares de ser un cambio cuantitativamente pequeno, si que tivo importantes modificacións cualitativas respecto ao documento inicial e dase nas zonas máis sensibles”. Unha destas charlas informativas tivo lugar na Escola de Benade onde participaron númerosos veciños e veciñas.

Unha vez máis o BNG levaralles información aos veciños de Lugo sobre o desenvolvemento deste documento fundamental para o futuro do concello de Lugo. Paz Abrira dixo que “é positivo que os veciños e veciñas coñezan como quedou a redación final deste PXOM e por eso trasladamos esta información xa que o PP e PSOE non tiveron a vontade de explicar estas modificacións do 5% do documento” e engadiu que “os dous partidos teñen interés en que non se fale del”. Dende o BNG lembraron que “esta foi a única forza política que pediu unha segunda exposición pública do documento, á que se negaron PP e PSOE”.

Abraira sinalou que “xa se presentaron moitos contenciosos contra o concello motivados por que houbo fortes modificacións no documento respecto á aprobación inicial e definitiva sen que tiveran oportunidade, entre tanto, de presentar os correspondentes recursos, ademais da última reclamación presentada pola Confederación Hidrográfica” e veñen a darlle a razón ao BNG, segundo Abraira “cando pediamos unha segunda exposición pública do documento xa que eran moitos os cambios respecto do primeiro”.

Algúns dos cambios máis salientables afectan aos urbanizables delimitados na zona rural que agora non aparecen como tal. Outros cambios significativos danse na zona de Bosende pola delimitación de núcleos e o barrio do Carme polo tratamento desigual que se lle da ás parcelas. Paz Abraira lembrou os motivos que levaron a que o BNG votase en contra da aprobación deste plan xeral e referiuse a que “este PXOM é absolutamente desproporcionado e moi voraz, son propostas absolutamente teóricas que lle causarán prexuízos económicos a moitos veciños que verán un incremento no recibo da contribución”.

O BNG MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS DE BENADE PARA EXPLICAR OS CAMBIOS NO 5% DO PXOM