O BNG CELEBROU UN ACTO REIVINDICATIVO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

O BNG CELEBROU UN ACTO REIVINDICATIVO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES

Durante o acto, mulleres e homes, racharon de xeito simbólico estereotipos implantados na sociedade

Lugo, 6 de marzo de 2013. Racha co patriarcado, defende os teus dereitos foi o lema baixo o cal o BNG celebrou un acto en Lugo. Durante o acto, mulleres e homes, racharon de xeito simbólico estereotipos implantados na sociedade. O BNG pretende facer visibles os problemas das mulleres a través dunha serie de actos que comenzaron a semana pasada cunha xornada de formación interna sobre o Hetereopatriarcado. Os nacionalistas defenderon, tamén, no pleno do concello de Lugo unha moción e defensa dos dereitos da muller que foi aprobada a pesares dos votos en contra do PP. O BNG pretende que o 8 de marzo sexa unha celebración reivindicativa xa que, coa excusa da crise económica, estase retrocedendo nos dereitos que as mulleres tiñan acadado.

Para o BNG non é xustificable a retirada de dereitos baixo o argumento da crise económica e resulta indamisibles os retrocesos que se están a dar en materia de igualdade. Un exemplo deste retroceso coa recentemente aprobada lei da educación, na que se permite a segregación por sexos nas aulas. Outro dos exemplos é como os gobernos do Partido Popular están a subvencionar a colectivos antiabortistas, como a red-madre e incluso respaldando a creación en Lugo, por parte do bispado, dun centro cristiano de asesoramento a familias utilizando e deturpando o termo COF (Centro de Orientación Familiar).

O BNG CELEBROU UN ACTO REIVINDICATIVO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES