O BNG REIVINDICARÁ OS DEREITOS DAS MULLERES CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO

O BNG REIVINDICARÁ OS DEREITOS DAS MULLERES CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO

Paz Abraira criticou as subvencións que os gobernos do Partido Popular lles están a dar aos colectivos antiabortistas e a creación do chamado COF por  parte do bispado de Lugo

O BNG levará unha moción ao pleno do concello do vindeiro luns que recolle varios puntos de acordo dirixidos a defender os dereitos das mulleres

Lugo, 28 de febreiro de 2013. Davinia Rubinos, responsabel da asamblea de mulleres de Galiza Nova, e Paz Abraira, Concellería do BNG en Lugo, presentaron esta mañá os actos que a formación nacionalista desenvolverá para celebrar o oito de marzo, día da muller. “Racha co patriarcado, defende os teus dereitos” será lema baixo o cal o BNG celebrará un acto o día 6 de marzo na praza de Anxel Fernández Gómez para, segundo Davinia Rubinos, “será un acto a pé de rúa para que se visibilicen todos os retrocesos que as mulleres están a sufrir nos seus dereitos”. A edil Paz Abraira explicou que o BNG pretende facer visibles os problemas das mulleres a través dunha serie de actos que comenzaron a semana pasada cunha xornada de formación interna sobre o Hetereopatriarcado. O BNG pretende que o 8 de marzo sexa unha celebración reivindicativa xa que, coa excusa da crise económica, estase retrocedendo nos dereitos que as mulleres tiñan acadado.

Abraira anunciou que o BNG levará ao pleno do luns, 4 de marzo, unha iniciativa centrada na defensa dos dereitos das mulleres. Na moción do BNG pedirase que o concello de Lugo apoie todas as convocatorias do Movemento feminista e os seus diferentes colectivos con motivo da conmemoración do 8 de marzo. Tamén se soliciatará ao concello de Lugo que elabore unha Ordenanza reguladora da publicidade na que se establezan os mecanismos necesarios para que non se poida denigrar a imaxe da muller, nin empregala como reclamo publicitario en vía pública nin en espacios privados que se observen desde a mesma. Tamén se solicitará a derrogación Lei de Familia e da Rede Madre por regresivas e así mesmo solicitarase o mantemento da Lei de saúde sexual e reprodutiva e da interrupción voluntaria do embarazo. A través desta iniciativa o BNG quere que o concello de Lugo demande do do SERGAS e da Xunta de Galiza:

  1. Que se garanta o dereito das mulleres a someterse a unha interrupción voluntaria do embarazo dentro da rede publica galega e no seu hospital de referencia, concretamente no caso de Lugo no HULA.
  2. Que se asegure o funcionamento público dos Centros de Orientación Familar e o mantemento e ampliación dos recursos económicos, para garantir a saúde sexual e reprodutiva das mulleres.
  3. Que se incrementen os fondos públicos destinados á reprodución asistida dentro da rede pública, de maneira que se permita o acceso a novos grupos de mulleres e a mulleres de menor idade e que se amplíe o número de inseminacións.
  4. Que se garanta o dereito das mulleres a recibir asistencia xinecolóxica preventiva no servizo público de saúde.

Para o BNG non é xustificable a retirada de dereitos baixo o argumento da crise económica e resulta indamisibles os retrocesos que se están a dar en materia de igualdade. Abraira exemplificou este retroceso coa recentemente aprobada lei da educación, na que se permite a segregación por sexos nas aulas. Paz Abraira cargou contra os gobernos do Partido Popular que están a subvencionar a colectivos antiabortistas, como a red-madre. Abraira criticou, tamén, que o PP avale e respalde a creación en Lugo, por parte do bispado, dun centro cristiano de asesoramento a familias utilizando e deturpando o termo COF (Centro de Orientación Familiar). Paz Abraira dixo que “a igrexa católica quere influir, de novo, na vida das mulleres para que volten a ser esposas e nais”.

O BNG REIVINDICARÁ OS DEREITOS DAS MULLERES CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 8 DE MARZO