O BNG QUERE QUE LUGO SEXA UNHA CIDADE AMABLE CO USO DA BICICLETA
Os nacionalistas advertiron que non darán a súa aprobación á ordenanza de circulación se non se atenden as alegacións relativas ao uso da bicicleta na cidade
O responsabel local do BNG de Lugo Alexandre Penas dixo que a ordenanza ten que defender a peóns e aos ciclistas
LUGO, 15 de marzo de 2013. O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego non lle dará a súa aprobación, no pleno municipal, á proposta de ordenanza de circulación presentada polo goberno municipal de non terse en conta as principais alegacións presentadas no seu momento. O responsable local do BNG, Alex Penas, dixo que Lugo ten que ser unha cidade amable co uso da bicicleta. Segundo Penas o BNG non aprobará a ordenanza se non se permite o uso da bicicleta nas zonas peonís e engadiu que tamén é funcamental que non se prohiba o aparcamento de ciclos e bicicletas en lugares diferentes aos aparcadoiros de bicicletas xa que son practicamente inexistentes.
Para o BNG é necesario implementar medidas que favorezan o uso da bicicleta e que fomenten a convivencia do tráfico rodado motorizado con ciclistas e para esto o BNG presentou en forma prezo un as alegacións á proposta de ordenanza de circulación. Tras a xuntanza mantida no concello con membros do goberno municipal e técnicos do concello os nacionalistas, aínda que recoñeceron que moitas das súas alegacións foran tidas en conta, advertiron que non votarán a favor da ordenanza se non se teñen en conta estas dúas cuestións que son fundamentais para promover o uso da bicicleta.
Un dos obxectivos fundamentais da ordenanza municipal de circulación debe ser o de regular a circulación de ciclos e bicicletas na zona urbana. Esta ordenación non está prevista pola ordenanza xeral de circulación e por eso son os concellos os que deben de regulala e adaptala ás circunstancias propias de cada municipio. Por esto o BNG centrou, segundo Alexandre Penas, boa parte das súas alegacións nos aspectos relativos á utilización da bicicleta. Ademais, lembraron os representantes do BNG, que é un vehículo que está a incrementar o número de usuarios debido, en parte, ao incremento do prezo dos combustibles.
Uso de zonas peonís, zonas de tráfico restrinxido e beirarrúas
Dende o BNG presentáronse un total de 12 alegacións que teñen como obxectivo fundamental favorecer o emprego da bicicleta. O BNG pretende que a ordenanza contemple máis zonas habilitadas para o uso da bicicleta, incluidas as zonas peonís da cidade, e ampliar o abano dos espazos que poden ser zonas para o tránsito de bicicletas.
Unhas das propostas do BNG é que se poidan adecuar, mediante a sinalizacións axeitada, determinadas beirarúas para o transito de bicicletas. Un exemplo, segundo Bao, serían algúns tramos da beirarrúa interior da ronda da Muralla que poderían acoller o tráfico das bicicletas e facilitaría que os ciclistas tivesen rutas alternativas para evitar percorridos escesivos. Un exemplo disto sería o acceso dende a avenida da Coruña ao edificio administrativo da Xunta. Bao tamén citou a posibilidade de que o carril-bus da rúa Montevideo se puidese utilizar como carril-bici de doble sentido.
Aparcamento de bicicletas
Ademais de reivindicar a instalación, por parte do concello, da instalación de aparcadoiros para bicicletas, O BNG pide que se retire a prohibición de atar ou encadear as bicicletas a elementos da vía sempre e cando non se dane o mobiliario urbano nin as árbores. Tamén se solicita, nas alegacións, a retirada das sancións previstas no caso de aparcamento de bicicletas atadas a elementos da vía.