ANTÓN BAO LÉMBRALLE AO CONSELLEIRO DE FEIJOO O ESTADO DE ABANDONO DO CUARTEL DE SAN FERNANDO
O voceiro do BNG no concello de Lugo aproveitou a visita de Agustín Hernández ás obras do novo auditorio para pedirlle que poña os medios para evitar a caída do edificio do Cuartel de San Fernando
Lugo, 18 de marzo de 2013. O voceiro do BNG no concello de Lugo lembroulle ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o abandono que a Xunta fixo do edificio do Cuartel de San Fernando. Antón Bao a visita de Agustín Hernández ás obras do novo auditorio para pedirlle que poña os medios para evitar a caída do edificio do Cuartel de San Fernando. Bao Sinaloa que o goberno do partido popular está xenerando grave problema en Lugo co edificio do Cuartel de San Fernando e engadiu que está incumprindo, con Lugo, o compromiso da creación do museo da romanización.
Bao dixo que é inadmisible que o conselleiro veña a Lugo a visitar as obras do novo auditorio e non teña o máis mínimo xesto de interese polo estado dun edificio que tería que formar parte, tamén, das infraestruturas culturais do concello. Para o BNG non ten sentido que a Xunta despilfarre cartos públicos en pasear a un conselleiro por unhas obras que terían que estar moito máis avanzadas e ignore a situación doutros edificios que están en un estado calamitoso pola deixadez deste goberno do partido popular que castiga aos lucenses reiteradamente.