O BNG PEDIRÁ QUE NON SE IMPLANTE O RE-PAGO NOS COMEDORES DOS COLEXOS PÚBLICOS DE LUGO
Os nacionalistas defenderán, no vindeiro pleno do concello de Lugo, unha moción na que piden que a Xunta de Galiza non obrige a pagar nos comedores escolares a aqueles que tiñan adquirido o dereito da gratuidade
A Xunta de Galiza destina máis de 270 millóns de euros a centros privados e profesorado de relixión segundo Paz Abraira
Lugo, 19 de marzo de 2013. A edil do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou hoxe que o BNG defenderá, no vindeiro pleno do concello de Lugo, unha moción pedindo que o goberno do PP na Xunta de Galiza non implante un sistema de re-pagamento do servizo de comedor escolar nos colexos públicos. O pasado 12 de marzo de 2013 o conselleiro de Educación, anunciaba no Parlamento que unha boa parte das familias que ata o de agora non aboaban taxas polo uso do comedor escolar, deberán empezar a facelo. Segundo Paz Abraira esto suporá eliminar un servizo gratuíto que ven funcionando de xeito continuado dende hai máis de trinta anos.
Segundo Paz Abraira co falso anuncio de cobrarlles aos que máis teñen o PP elimina un servizo gratuito que se ven prestando, dende fai máis de trinta anos, nos colexios públicos galegos. Abraira sinalou que van ser moitas familias, dos catro colexios públicos lucenses nos que o comedor está xestionado pola Xunta, as que se van ver obrigadas a facer un novo e inxusto esforzo económico. A proposta anunciada polo goberno do Partido Popular ten como único obxectivo eliminar a gratuidade do uso do comedor. A intención da consellería non é, como se pretende facer ver, estender o servizo a todo o alumnado con pouco poder adquisitivo en todo o ensino infantil e de primaria, senón que estamos, unha vez máis, perante unha decisión cun único obxectivo real: recortar de novo máis dereitos, aumentar as desigualdades sociais e estrangular aínda máis un servizo público coma o ensino.
O grupo municipal do BNG solicitará do Pleno da Corporación municipal que demande da Xunta de Galiza non establecer un novo copago no servizo de comedores escolares e velar polo dereito a educación e a asumir as competencias plenas en materia de ensino. Ademais o BNG pedirá tamén que a Xunta de Galiza amplie o servizo de comedor gratuíto ao alumnado, asumindo a xestión e financiamento de todos os comedores dos Colexios públicos de Lugo dependentes do concello.
O comedor so é obrigatorio naqueles centros nos que asisten aos que asisten escolares en transporte público que viven a máis de 2 km de distancia dende a súa casa. No concello de Lugo son catro os centros que contan con servizo de comedor xestionado pola propia consellería: o colexio Manuel Mallo Mallo de Nadela, o colexio Virxe da Soidade (Gandaras), o colexio da Ponte e o colexio de Casas. No resto de colexios públicos do concello de Lugo o servizo de comedor é prestado polo propio concello agás nos colexios do Sagrado Corazón e Paradai que carecen de comedor.
Cartos para centros privados
Paz Abraira cargou contra as políticas privatizadoras do PP en matería de ensino que están a incrementar as aportacións ao ensino privado e relixioso e lembrou que a xunta está subvencionar co máis de 3 millóns de euros aos centros privados concertados que segregan ao alumnado por xénero, unhas axudas que foron condenadas nos tribunais dixo Abraira que tamén sinalou os 240 millóns de euros destinados aos centros privados concertados e o 29,3 millóns de euros asignados para o profesorado de relixión.