O BNG CONDENA O ACTO VIOLENTO CONTRA O CONCELLO DE BARALLA
O BNG aposta polas accións a través da vía social e política pero en todo caso rexeita a violencia
Lugo, 1 de outubro 2014. O BNG a través da súa responsábel comarcal, Esther López, e do voceiro no concello de Baralla, Xosé Manuel Becerra, condenaron o acto violento acontecido esta noite no concello de Baralla. O BNG manifesta o seu total rexeitamento a este tipo de accións. O BNG aposta polas accións a través da vía social e política pero en todo caso rexeita a violencia.
O voceiro do BNG no concello de Baralla, Xosé Manuel Becerra, púxose en contacto co alcalde da vila á primeira hora da mañá para coñecer de primeira man as consecuecias da explosión sucedida no entorno das 5:00 horas. O voceiro do BNG trasladoulle ao alcalde a postura do BNG, de rexeitamento contra este acto violento, e a solidiriedade do BNG con todos os veciños e persoas afectadas. Ademais Becerra dixo que o BNG pon a súa organización a disposición dos veciños, veciñas e da corporación de Baralla en relación a este asunto.