O BNG RECLAMA QUE AS OBRAS QUE SE ACOMETAN EN FONTIÑAS SOLUCIONEN OS PROBLEMAS QUE CAUSA A CHUVÍA
Paz Abraira dixo que resulta preocupante pensar que o goberno municipal e o PP non teñan previsto resolver os problemas que hai en Fontiñas coas obras que se van desenvolver
Os nacionalistas dubidan que para o proxecto das obras se tivera en conta a resolución dos problemas que acontecen cando hai chuvias torrenciais
Lugo, 1 de outubro 2014. A voceira do BNG no concello de Lugo visitou a zona de Fontiñas para comprobar en primeira persoa os danos producidos polas chuvías torrenciais que acompañaron a tormenta da pasada fin de semana. Ademais dos anegamentos da rúa e as inundacións de diversos baixos e establecementos comerciais, que se produciron naquela xornada, as chuvías afectaron a estabilidade do talude existente entre a rúa de Fontiñas e o parque dos Paxariños.
Para o BNG, dixo Paz Abraira, resulta preocupante que o goberno municipal, dirixido por López Orozco, e o PP, encabezado por Jaime Castiñeira, non teñan previsto resolver os problemas que hai en Fontiñas coas obras que se van desenvolver. Abraira sinalou que sería importante que coas obras que o concello de Lugo vai acometer na zona se lle dese unha solución definitiva ao problemas que sufren os veciños e veciñas cada vez que chove con abundancia.
Abraira engadiu que sería lamentable que non se lle de solución definitiva aos problemas desta zona e pensamos que non vai ser así. Para o BNG sería fundamental que se contemplase no proxecto para as obras da zona de Fontiñas a consolidación do talude do parque dos Paxariños e tamén a mellora da evacuación das augas pluviais. Abraira anunciou que o BNG dirixirá unha iniciativa ao goberno municipal para que, antes do comenzo das obras, se teñan en conta estas cuestións.