PRETO DE 250 LUCENSES ESTÁN PENDENTES DE COBRAR A RISGA
A Xunta non iniciou o pago para as persoas ás que lles foi tramitada esta renta de integración social despois de decembro de 2013
Non pode ser que dende todos os estamento do PP nos estén falando de recuperación mentres se lle están negando dereitos á xente que peor está pasando dixo Cristina Ferreiro
Lugo, 29 de setembro 2014. En resposta a preguntas presentadas polo BNG a edil responsábel de Servizos Sociais do concello de Lugo informou de que son 246 as persoas que están pendentes en Lugo de comenzar a cobrar a RISGA. Segundo datos que obran en poder dos servizos sociais municipais: todas as persoas ás que se lles tramitou a percepción da renta de integracion social despois de decembro de 2013 aínda non comenzaron a cobrar. Non pode ser que dende todos os estamento do PP nos estén falando de recuperación mentres se lle están negando dereitos á xente que peor está pasando dixo Cristina Ferreiro
Esto supón, para o BNG, un abandono das persoas que máis o necesitan. Ademais esta situación implica que o goberno do PP está obrigando a concello a cubrir coas partidas orzamentarias destinadas á emerxencia social algo que claramente é responsabilidade da Xunta explicou Cristina Ferreiro. A edil do BNG engadiu que resulta imcomprensible que o goberno do partido popular teña abandoadas ás persoas que máis o necesitan. O BNG xa presentou iniciativas para tratar de correxir esta situación inxusta que deixa no máis absoluto abandono a preto de 250 lucenses e ás súas familias.
Cristina Ferreiro criticou a actitude do goberno municipal que dende o mes de maio non mantivo contactos cos responsábeis da Xunta de Galiza para demandar que se lles comence a pagar a todas estas persoas que están nunha situación complicada. Sabemos que todos expedentes tramitados polos servizos sociais do concello están completos e por tanto non hai motivo para que a Xunta non comence a pagar dixo Ferreiro. Para o BNG esta é unha proba máis de que as políticas do PP son para coidar intereses dos ricos pero esquéncense absolutamente das persoas que máis o necesitan.