O BNG CONMEMOROU O DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O BNG CONMEMOROU O DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O acto reivindicativo levou a diversos puntos da cidade alegatos contra a violencia de xénero e as súas diversas manifestacións

Esta revindicación dase no momento no que 4,9 % das adolescentes son vítimas de violencia e os gobernos do Estado e da Xunta están a recortar todas as partidas destinadas a esta materia

LUGO, 21 de novembro de 2013. O BNG celebrou, en Lugo, un acto reivindicativo para conmemorar a celebración do día mundial contra a violencia de xénero que será o vindeiro 25 de novembro. Unha serie de alegatos contra a violencia de xénero e as súas diversas manifestacións foron lidos en diferentes puntos da cidade. Todas e todos  contra a violencia de violencia de xénero. Nin consentimos. Nin practicamos foi o lema que acompañou ás persoas participantes no acto que portaron carteis reivindicativos.

A responsable da comisión comarcal de acción feminista do BNG de Lugo, Mercedes Mourenza, dixo que “A violencia sobre as mulleres exércese desde e na esfera pública a través da mercantilización, cousificación, explotación, prostitución, lesbofobia, ameza, negación, invisibilidade, misoxinia, impunidade, dependencia, etc...” e convidou a toda a xente a

IMG_1731

 “facer unha pequena viaxe pola realidade, penetrando nas entrañas da realidade da violencia de xénero con fin”, camiñando polas paredes do patriarcado, para deixar pegada das nosas resistencias....”.

O acto, que tivo o seu punto de partida xunto da árbore da vida (ginkgo biloba) na praza de Santo Domingo, continou diante da Subdelegación do Goberno onde se denunciaron publicamente os procesos de privatización de servizos e o abandono por parte do Estado que afectan de xeito directo ás mulleres. A seguinte parada realizouse, de xeito simbólico, diante do convento da Praza de Santo Domingo para poñer de manifesto o dobre discurso impulsado dende algunhas institucións sobre a sacralización da maternidade. Na rúa do Progreso, diante da estatua de Puro de Cora escenificouse a cousificación do corpo feminino feito po

IMG_1743

r moitos medios de comunicación. Outra dos puntos elixidos para denunciar a violencia econó

mica foi a sede de novagalicia banco. O acto rematou no fondo da praza Maior concluíndo, segundo Mercedes Mourenza, que “a violencia contra as mulleres non é un problema persoal e privado, é un problema xurídico, político e estrutural”.

O BNG CONMEMOROU O DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO