AS OBRAS DA A-54 ARRASÁN OS ACHÁDOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

AS OBRAS DA A-54 ARRASÁN OS ACHÁDOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

Numerosos colectivos manifestaron a importancia destes restos e o BNG ten presentado iniciativas no Parlamento Galego, no Congreso no Concello e na Deputación de Lugo

Lugo a 26 de novembro de 2013. O BNG denunciou hoxe publicamente a destrución dos restos arqueolóxicos de Coses. Nunha visita ás obras da A-54 o voceiro nacionalista no concello de Lugo puido comprabar como a maquinaria eliminou a zona na que apareceran os últimos achádegos. A pesares de que o BNG demandou en todas as institucións a protección destes restos. Antón Bao sinalou que se descoñece se a Xunta emitiu o correspondente informe preceptivo sobre a importancia dos restos e se foron debidamente catalagados e informados. Para o BNG resulta inaceptable este xeito de actuar por parte do ministerio de fomento que acaba de arrasar uns dos restos arqueolóxicos fundamentais para clarexar aspectos do mundo castrexo que eran descoñecidos ata o momento.

Os  restos arqueolóxicos atopados nas obras da Autovía Lugo-Compostela na parroquia lucense de Coeses eran, segundo todos os expertos, un achado singular e importantísimo por tratarse dun conxunto arqueolóxico único e que permitiría coa súa conservación, abrir novas vías de investigación científica arredor do pasado castrexo lucense e galego, despexando incógnitas sobre as tradicións mortuorias até o de agora practicamente descoñecidas. Bao sinalou que “non se adoptaron solucións técnicas das existentes para a posta en valor do noso patrimonio histórico e simplemente se limitaron a meter maquinaria e arrasar con todo”.

O conxunto consta de tres partes: o Castro de Valente por un lado,  a Chousa do Castro por outro e no medio os transcendentais restos de inhumacións que foron destruídos polo actual trazado da Autovía. Dende o BNG sinalouse “que todos os restos atopados deberan ser tratados en conxunto xa que posúen un valor inconmensurable non só para Lugo senón para o conxunto da historia e do patrimonio galego, o cal necesariamente debe implicar a súa conservación e estudo”.

Para o BNG resulta lamentable que un proxecto destas características non contemple a protección do noso patrimonio xa que a existencia do Castro era coñecida e recoñecida por técnicos, especialistas e a propia toponimía do lugar indica, claramente, a existencia dun lugar que debe ser considerado de alta protección. Houbo xa dous cambios mínimos no trazado para evitar a destrución do Castro de Valente e da necrópole de icineración pero non se acometeu a desviación necesaria para evitar a destrución do xacemento que engloba a todo o xacemento de Coeses que é único no seu conxunto.

AS OBRAS DA A-54 ARRASÁN OS ACHÁDOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES