O BNG PIDE CONCRECIÓN NA ORCA PARA EVITAR ARBITRARIEDADES
Para os nacionalistas non é normal que un ordenanza deste tipo poida determinar a perda de licenza de actividade
O BNG está a manter xuntanzas con diversos colectivos e agrupacións para analizar as afectacións que tería a proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica que plantexa o goberno municipal
LUGO, 20 de novembro de 2013. A edil nacionalista, Paz Abraira, dixo que o BNG presentará a algacións á Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica para pedir concreción na redación desta noma que en moitos casos pode levar a unha aplicación arbitraria da mesma. Un dos exemplos desta inconcreción, que poden resultar lesivos para moitos colectivos, é a esixencia de adaptar los locais de certos negocios á nova normativa cando se fagan obras ou no prazo de 12 meses. Para Abraira a actual redacción da norma pode levar a diversas interpretacións xa que non é clara sobre o tipo de obras ou se esta adaptación se ten realizar nun prazo de 12 meses. Abraira sinalou tamén que non é moi razoable a diferencia de niveis de ruido que se establecen para zonas industriais e zonas habitadas.
O BNG está a manter unha rolda de xuntanzas con diversas agrupacións e colectivos para analizar as afectacións que tería a proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica que plantexa o goberno municipal. No día de hoxe concelleiros do BNG reuníronse con socios de APREVAR para coñecer o posicionamento deste colectivo empresarial, vencellado aos talleres mecánicos, sobre o documento elaborado polo goberno do concello de Lugo. Os nacionalistas trasladáronlles aos dirixentes da APREVAR as cuestións que aparecen reflectidas nesta proposta de Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica e que poden resultar máis polémicas á hora de acadar un consenso para a súa aprobación definitiva.
Paz Abraira dixo que para o BNG é prioritario saber o que opinan os colectivos veciñais e as agrupacións empresariais de cara a presentar as correspondentes alegacións a esta ordenanza. Para o BNG compre que esta norma faga compatible o dereito a descansar co dereito, de empresas e autónomos, a desenvolver a súa actividade económica. Abraira sinalou que o BNG esgotará o tempo para coñecer as inquedanzas do máximo número de colectivos e persoas individuais e con fin de facer propostas realmente útiles para Lugo.
Neste momento a ORCA, unha vez publicada no BOP a aprobación inicial do texto, está en período de exposición pública. E é previsible que sexan moitas as asociacións, colectivos e persoas que presenten alegacións ao texto inicial. Dende o BNG anunciaron que presentarán alegacións encamiñadas a mellorar este documento que terá unha importante transcendencia na vida da cidade durante os próximos anos. Para o BNG é fundamental coñecer cales son as preocupacións que espertan na cidadanía os contidos desta ordenanza municipal.