O BNG continuará no goberno da Deputación por que non nos anulan cunha presada de cartos
Os deputados nacionalistas afirmaron que non estamos aquí por diñeiro e a xente sabe que a presenza do BNG no goberno é necesaria
Esta situación é, unicamente, responsabilidade do PSOE e o BNG non cambiou de posición dende o minuto cero sinalaran os deputados do BNG
Lugo, 6 de novembro de 2015. O voceiro do BNG na Deputación de Lugo cualificou de acto de transfuguismo político á altura de Tamallo ou Sabela Caldas. Ferreiro acusou ao Partido Popular de utilizar sempre este tipo de estratexias para conseguir o poder cando non o acada nas furnas como fixo recentemente en Boimorto. Ferreiro informou que incluso o previsto era que M Martínez presentara as emendas e o PP as apoiara.
Situación allea ao BNG que sempre mantivo a mesma postura. Ferreiro recoñeceu que a situación aféctanos tanto no ruído mediatico como na práctica operativa e sinalou que esta situación é, unicamente, responsabilidade do PSOE e esperamos que reaccione e actúe. Non imos permitir que nin Candia, nin Martínez nos digan cando temos que estar no goberno e cando non afirmou Ferreiro e sinalou que asumiría, sen adicación exclusiva, as tarefas de goberno.
Visto o que pasou onte o PP merecía que lles puxéramos a Martínez como presidente, aínda que esto nunca vai suceder por que as veciñas e veciños de Lugo non teñen por que sufrir esta situación.
Antonio Veiga despois dun goberno en precario de catro meses do partido popular estamos poñendo a funcionar esta institucións que é a verdadeira preocupación de veciñas e veciños. Veiga anunciou que imos traballar con eficacia e eficiencia independentemente de contemos con liberados ou non. O vicepresidente loubou o traballo das funcionarias e funcionarios neste catro anos que non miran a cor política e dixo que contamos, nas nosas áreas, coas persoas máis preparadas para sacar adiante todas as tarefas de goberno que teñamos que afrontar.
Veiga transmitiu unha mensaxe de tranquiliade a todos os concellos e colectivos culturais e deportivos que están agardando a que este goberno se poña a funcionar. Aínda que nos metan paos na roda ese 12 + 1que so pretenden atrancar a acción de goberno. O vicepresidente dirixiuse a Elena Candia para que explique o pacto oculto ao que chegou co Sr. Martínez. Antonio Veiga rexeitou o argumento da proporcionalidade utlizado, durante o pleno, para tratar de xustificar o acordo tomado polo 12 + 1 e explicou que a proporcionalidade refírese ao traballo que hai que facer e non ao número de deputados de cada grupo.
Situación laboral de Xosé Ferreiro
O deputado nacionalista explicou que o voceiro do BNG queda sen dedicación na Deputación de Lugo e esta operación foi intencionada por que eran sabedores que na miña profesión no podo ter opción a media dedicación. Ferreiro explicou que si podería sumar o salario do seu traballo á media dedicación pero por ética nunca o faría, como ocurre no caso doutros deputados e deputadas. Xosé Ferreiro lembrou que foi Elena Candía quen, sen que ninguén llo pedira, propuxo dúas dedicacións para o BNG no periodo que estivemos na oposición. Se con estas maniobras de concesión de salarios pretenden comprarnos están moi equivocados sentenciou Ferreiro.