O BNG DEFENDERÁ NO PLENO DO CONCELLO UNHA MOCIÓN CONTRA A REFORMA DOS REXISTROS CIVÍS

O BNG DEFENDERÁ NO PLENO DO CONCELLO UNHA MOCIÓN CONTRA A REFORMA DOS REXISTROS CIVÍS

O PP, no goberno do estado, ten previsto privatizar estes servizos e cobrarlles aos cidadáns por utilizalos

Para Antón Bao esto supón unha “auténtica bomba de profundidade” en todo o sistema xurídico civil

Lugo, a 31 de maio de 2013. O BNG levará, a debate, unha moción no vindeiro Pleno do Concello de Lugo para pedir a toda a corporación que exprese o seu rexeitamento á proposta do Goberno do Estado relativa á reforma dos Rexistros Civís e dos Servizos de Notificacións e Embargos, instando ao Goberno do Estado á inmediata retirada deste anteproxecto de lei. Segundo a reforma prevista tanto o Rexistro Civil como os Servizos de Notificación e Embargo privatízanse e pasan a ser de pago. Antón Bao calificou esta reforma como “unha auténtica bomba de profundidade en todo o sistema xurídico civil, afectando unha vez máis á economía dos cidadáns así como aos seus dereitos básicos”.

Antón Bao dixo que, se sae adiante esta reforma, “ir a buscar un fé de vida ao Rexistro Civil pode custar entre 30 € e 40 € e así sucederá con todos os documentos que depeden do rexistro”. Segundo informou Bao “no que atinxe á modificación dos Rexistros Civís, non só se aborda a súa eliminación de xeito parello á desaparición dos Xulgados de Paz, senón que ademais se encomenda a súa competencia a rexistradores/as da Propiedade”. Dese xeito, un servizo até o de agora gratuíto pasará a ser de pago. No caso do servizo de notificacións e embargos tamén se engade a inseguridade e ausencia de garantías procesais que supón apartar estes actos dos funcionarios da Administración de Xustiza.

Para o voceiro do BNG no concello de Lugo resulta evidente, que as pretendidas reformas, non van en beneficio da maioría das persoas, senón que se fan con criterios única e exclusivamente economicistas e corporativistas. Bao asegurou tamén que “con esta reforma a administración de xustiza camiño no sentido contrario á modernización tanto no seu propio funcionamento como no do Rexistro Civil”. Bao engadiu que, no caso galego, a Xunta de Galiza perpetrou un duro golpe á economía dos/as traballadores/as da xustiza, ao proceder a unha importante redución salarial no Complemento Autonómico Transitorio.

O BNG DEFENDERÁ NO PLENO DO CONCELLO UNHA MOCIÓN CONTRA A REFORMA DOS REXISTROS CIVÍS