O BNG DEMANDA UNHA RESTITUCIÓN MORAL E INSTITUCIONAL DA CORPORACIÓN Á FIGURA DOS REPRESALIADOS
O BNg chama aos veciños a acudir ao Pleno do xoves 22 en Baralla para homenaxear e facer xustiza coas vítimas do franquismo neste Concello
Baralla, 20 de agosto de 2013. O Bloque Nacionalista Galego quere facer un chamamento ao conxunto dos veciños e das veciñas do Concello de Baralla e na súa globalidade da Comarca da Montaña para que acudan ao Pleno convocado para o vindeiro Xoves 22 e que os nacionalistas queren converter nunha homenaxe aos conxunto dos represaliados do noso Concello.
É hora de facer xustiza con todas as vítimas do franquismo, de restaurar a memoria dos que deron a súa vida por unha sociedade máis xusta, dos que se entregaron a unha loita por un mundo de iguais, daqueles que fixeron posíbel o proxecto rexeneracionista da II República, porque desde o esquecemento sobre o que pasou non se pode construír unha sociedade democrática. O terror, a Galiza que fixo Atila segue a supurar polas rendixas que deixou abertas unha transición, pactada pola esquerda española e pola franquismo que deixou o poder nas mans daqueles que o mantiveran durante corenta anos. Chegou a hora de que restituamos moral e tamén institucionalmente aos veciños de Baralla que sufriron o franquismo, afirmou o portavoz do BNG en Baralla, Xosé Manuel Becerra.
Xosé Manuel Becerra, portavoz Municipal do BNG en Baralla, indicou que cando entran en conflito as memorias dos vencidos e as dos vencedores, por definición sempre trunfan as destes últimos. Por iso para este 22 de agosto de 2013, 5 días despois do Día da Galiza Mártir que lembra cada ano o asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira pontevedresa, desde o Bloque Nacionalista Galego convidamos ás e aos vecinos de Baralla a realizaren un acto de xustiza e de dignidade, honrando a memoria daqueles e daquelas que padeceron o terror franquista por defenderen unha sociedade xusta, igualitaria e democrática. Son momento de volver a escribir una nova historia, arrancando do libro da mesma, aquelas páxinas escritas co sangue dos vencidos polos vencedores, tócanos a nos estirpar a besta
O Portavoz Municipal do BNG afirmou que a vindicación da memoria non é para os nacionalistas un exerzizo de oportunismo político co que alimentar a nostalxia, nen un acto rotineiro co que brindar ao sol cando quenta conforme a unha determinada moda. Ë un exerzizo de xustiza cos perdedores, é un compromiso cos que nos precederon na loita é xa por último un acto de afirmación do noso compromiso cunha sociedade máis xusta. A memoria dos antifranquistas non é para nos o conto dun ano, é toda unha bagaxe de loita, de experiencia transformadora que o reformismo republicano esparexou por toda Galiza e que o franquismo recluíu no silenzo, experiencia e proceso de cambio social que debemos pór en valor ao servizo da mellora das condicións de vida das maiorías sociais da nación Galega.
Xa por último Xosé Manuel Becerra fixo un chamamento aos veciños de Baralla a acudir ao Pleno do 22 para homenaxear ao que deu en chamar a listaxe dos nomes da dignidade. Os nomes dos homes e das mulleres ribadenses que padeceron asasinato ou represión por defenderen a causa da democracia e das liberdades republicanas. Con elas acaba o golpe de estado de 1936, a feroz represión que o acompaña, a guerra civil que provoca e a ditadura que se instaura como consecuencia da vitoria franquista.
LISTAXE DE REPRESALIADOS DE BARALLA
Amado Hermida, Francisco
Procesado.
Home de 45 anos, Propietario/a
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Vilachambre, Baralla (Lugo)
Arias Crecente, José
Veciñanza: Baralla (Lugo)
Cela Sanmartino, Faustino
Procesado, exiliado até 1949 e colaborador da guerrilla.
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Baralla (Lugo)
Fernández, Lino
Procesado
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Tortes, Becerreá
García López, José
Veciñanza: Baralla (Lugo)
López Lolo, Pedro
Home de 28 anos
Natural de Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Veciñanza: Chan de Pena, Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
Morto o 22 de setembro de 1936 en Constantín- Baralla.
Méndez Rodríguez, Valentín
Veciñanza: Baralla (Lugo)
Pardo de Neyra, Paulino Carlos María
Condenado a pena de norte
Home de 38 anos, Funcionario/a
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Palas de Rei
Home de 33 anos, Farmacéutico/a
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Vilameá, A Pontenova
Morto o 13 de febreiro de 1937
Pérez Gándaras, Domingo
Procesado
Natural de Baralla (Lugo)
Veciñanza: Becerreá, Becerreá