O BNG APOSTA POR UN PROCESO DE DIALOGO PREVIO Á APROBACIÓN DA ORCA

O BNG APOSTA POR UN PROCESO DE DIALOGO PREVIO Á APROBACIÓN DA ORCA

“Queremos unha cidade cunha vida sonora sostible” aseguraron dende a forza nacionalista

“Os/As concelleiros/as do PSOE deberán aportar, entre todos/as, un total de 9.559 € para pagarlle á persoa que contrataron para organizar as festas” dixo Antón Bao

Lugo, 22 de agosto de 2013. O BNG reclama que a redación definitiva da ORCA (Ordenanza Reguladora de Contaminación Acústica) se faga despois de escoitar a todos os colectivos e persoas implicadas. Para o voceiro do BNG no concello de Lugo “esta ordenación do ruído no concello non se pode resolver nun único acto, hai que escoitar a moita xente” e engadiu que “por iso, somos partidarios de abrir, no próximo mes o período de alegacións e habilitar canles de comuicación con todos os que poden resultar afectados ”. Para a aprobación definitiva desta ordenanza compre a súa exposición pública tras a súa aprobación provisional que deberá facerse no pleno da corporación.

Antón Bao dixo que "avogamos por que se abra un proceso de interlocución coa asociacións empresariais, cidadáns, de hostalería e todas aquelas que queiran expoñer as súas apreciacións sobre a ordenanza sobre ruído". Dendeo o BNG asegurase que son moitos os colectivos de ámbito empresarial, comercial, de hostalería, e sobre todo , os veciños e veciñas que teñen moito que dicir. Polo tanto, se fora necesario, a maiores do mes preceptivo para presentar alegacións sería preciso amplialo, ate ter ben configurados todos os aspectos desta ordenanza urbana.

O BNG considera que asuntos como a delimitación de distancias, niveis de decibelios permitidos e horarios, son cuestións que hai que analizar moi a fondo para conciliar todas as variables posibles. Bao sinalou que “queremos unha cidade cunha vida sonora sostible e que poida xenerar benestar, sabendo no momento de crise económica que vivimos e as necesidades óptimas de convivencia”. Durante as reunións da Comisión que estivo analizando o Borrador da ORCA o BNG xa pediu explicacións que concretaran aspectos.

As lavadoras e lavalouzas poderían quedar paradas entras as 22:00 e as 8:00 horas

Os nacionalistas solicitaron información sobre en que ían consistir as áreas acústicas e como se delimitarían e cales son as variacións en canto ao número de decibelios permitidos e o por qué da súa ampliación. O BNG pediu, tamén, explicacións sobre a clasificacións de recintos ruidosos. Outra das demandas do BNG foi que se especificara a tipoloxía de establecementos públicos para aclarar a que se debe ater cada caso en función das actividades que realizan. Tamén pediu o BNG aclaracións sobre a afectación da ordenanza na convivencia cidadá no ámbito doméstico. Confírmase que se superan os límites admisibles de ruído. Podería impedirse o uso de lavadoras, lavalouzas ou aspiradores entre as 22:00 e as 8:00 horas. Así mesmo, incidiu o BNG na participación dos grupos políticos na mesa do ruído que establece a ordenanza así como que sexa o Pleno da corporación o que dirima as cuestións que xurden da Comisión Técnica que faga seguimento da Ordenanza.

9.554 € a pagar entre o alcalde e os edís do PSOE.

Respecto da última polémica suscitada pola petición, por parte do goberno municipal aos veciños e veciñas de Lugo, para que fixesen aportacións económicas para contribuír ás festas do San Froilán Antón Bao sinalou que “será o equipo de goberno quen teñan que sufragar, coas súas aportacións, os 9.554 € que custou a contratación dunha persoa para organizar as festas de San Froilán”.  Bao dixo que “falar de que os concelleiros e concelleiras van a poñer cartos para as festas é un xesto e cara á galería e o BNG non vai entrar nese xogo”. Bao dixo que “os veciños e veciñas de Lugo xa poñen cartos para as festas a través dos seus impostos” e pediu que o concello abra máis canles de participación, como se fixo nos anos anteriores, para que a xente “poida facer aportacións no programa das festas e sexan os auténticos protagonistas destas festas que son dos lucenses”.

O BNG APOSTA POR UN PROCESO DE DIALOGO PREVIO Á APROBACIÓN DA ORCA