O BNG DENUNCIA A EXISTENCIA DUN BURATO DE CONSIDERABLES DIMENSIÓNS NA RÚA ILLAS CANARIAS
O asfalto afundiunse arredor dunha tapadeira de rexistro do sistema de canalización e afecta á zona reservado para o aparcado de vehículos
Lugo a 9 de xaneiro de 2014. O grupo do BNG do concello de Lugo presentou un rogo para demandar do goberno municipal que se proceda á eliminación do burato aparecido na rúa Illas Canarias. A aparición deste burato supón, segundo Paz Abraira, supón un perigo para viandantes e vehículos. A fochanca está situada na marxe esquerda da vía, a carón da beira rúa, e á altura do número 135 da rúa Illas Canarias. O asfalto afundiunse arredor dunha tapadeira de rexitro do sistema de canalización e afecta á zona reservado para o aparcado de vehículos.
Para o BNG demóstrase unha vez máis a falta de preocupación do goberno municipal polo mantemento das rúas da cidade, segundo dixo Paz Abraira, non é xustificable a desatención a estes asuntos e engadiu que para o PSOE semellas que somentes son importantes as grandes obras. Os nacionalista demandaron o arranxo inmediato e a eliminación deste afundimento para evitar que calquera peón poida sufrir un accidente. Ademais compre coñecer cal é a causa do afundimento para evitar deterioros maiores.