O BNG URXE AO GOBERNO MUNICIPAL PARA QUE ARRANXE A ROTONDA DE ACCESO AO CEAO
O estado de conservación da capa de rodadura deste vial, de titularidade municipal, pon en perigo a circulación dos vehículos que entran e saen do polígono do Ceao
Lugo a 7 de xaneiro de 2014. O grupo do BNG do concello de Lugo presentará un rogo para demandar do goberno municipal que se procede ao arranxo da capa de rodadura na rotonda de acceso ao Ceao dende a av. Infanta Elena. A voceira nacionalista, Paz Abraira, comprobou por si mesma o mal estao da vía e sinalou que esta rotonda é o principal acceso ao polígono industrial e o concello ten que velar pola conservación da vía en debidas condicións.
Para o BNG non é normal que esta rotonda esté nesta situación, segundo dixo Paz Abraira, xa que a pesares das inclemencias climatoloxicas deste ano non é xustificable que o concello non atenda as necesidades de mantemento deste punto. Para os nacionalista resulta fundamental o arranxo inmediato da capa de rodadura xa que esta rotonda soporta moitísimo tráfico. O mal estado no que se atopa, na actualidade, pode desencadear facilmente accidentes de tráfico.