O BNG DENUNCIA A RETIRADA DE FONDOS PARA OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

O BNG DENUNCIA A RETIRADA DE FONDOS PARA OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

IMG_2144A Xunta destinará a maior parte destes fondos europeos a zonas costeiras de Coruña e Pontevedra cando a filosofía deste tipo de axudas vai encamiñada a financiar proxectos nas zonas máis deprimidas do medio rural

“O partido popular de buscar réditos electoralistas co reparto destes fondos nas zonas do país que concentran maior poboación mentres abandoan as zonas rurais de Lugo e Ourense” dixo Tareixa Paz

O GDR da Terra Chá contará con 400.000 € para manter a súa estrutura de persoal mentres que a outros GDR da provincia destinanse cantidades inferiores aos 30.000 € para o mesmo concepto

Lugo a 16 de xaneiro de 2014. Os parlamentarios do BNG Cosme Pombo e Tareixa Paz denunciaron hoxe en Lugo a retirada de fondos que a Xunta está a facer sobre os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR). Na rolda de prensa interviu, tamén, Manuel Monxardín como representante do GDR da Fonsagrada que falou dun "exterminio do medio rural". Tareixa Paz asegurou que a Xunta destinará a maior parte destes fondos europeos a zonas costeiras de Coruña e Pontevedra cando a filosofía deste tipo de axudas vai encamiñada a financiar proxectos nas zonas máis deprimidas do medio rural.

A parlamentaria do BNG acusou ao partido popular de buscar réditos electoralistas co reparto destes fondos nas zonas do país que concentran maior poboación mentres abandoan as zonas rurais de Lugo e Ourense. Os nacionalistas presentaron no prese

ntaron no parlamento unha serie de iniciativas co obxectivo de que se faga un reparto de fondos equilibrado.

IMG_2149

O pasado día 30 de decembro aprobouse a resolución de AGADER pola que se aproba o novo marco financeiro do programa Leader Galicia 2007-2013. Como consecuencia deste novomarco financeiro prodúcese unha asignación de fondos aos distintos grupos de desenvolvemento rural existentes na nosa nación que a xuízo do Grupo Parlamentar de Bloque Nacionalista Galego se realizou sen ter en cont

a ningún criterio obxectivo. Non se tiveron en conta, ao noso xuízo, nin os indicadores sociais, demográficos, económicos dos concellos e comarcas incluídas en cada GDR, nin as necesidades dunha actuación pública e da realización de investimentos para a corrección dos desequilibrios. Vulnéranse daquela polo tanto os criterios e obxectivos fixados no Plano de Desenvolvemento Rural de Galiza e nos propios fundamentos do programa Leader.

Co este novo marco financeiro déixanse de atender con carácter prioritario as zonas rurais máis precisadas de actuacións para a diversificación da súa economía, para a mellora das condicións de vida dos seus habitantes e para o seu rexuvenecemento demográfico mediante a incorporación de novos activos á actividade económica. Non só non se tiveron en conta estas circunstancias senón que tampouco se valorou o nivel de actuacións durante o período nin a demanda de financiamento en función dos proxectos presentados. O resultado desta operación política supón unha auténtica volta atrás na política de desenvolvemento rural.

A maioría dos grupos de territorios nos que son máis precisas as actuacións deste programa, é dicir os da Galiza interior, de alta montaña, con maior retroceso demográfico e envellecemento, son aqueles aos que se lles asigna menos recursos. Nalgúns casos moitos de

stes grupos non reciben recursos para os seus gastos de funcionamento, ou, os que reciben son ridículos o que supón na práctica a cancelación da política de desenvolvemento rural e a desaparición de gran parte destes GDRs.

Esta situaciónconstátase como especialmente grave na súa plasmación nos Grupos de desenvolvemento rural que actúan nas diferentes comarcas de Lugo onde as consecuencias non van facer máis que incrementar a fenda entre estas comarcas e o resto do país. Con consecuencias moi graves desde o punto de vista do desenvolvemento económico do rural con repercusións sociais e demográficas posibelmente irreversíbeis.

O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego considera que esta é unha grave decisión política do Goberno non só porque desmantela un eixo esencial para o futuro do noso rural senón polas motivacións que se esconden tras esta decisión. Resulta obvio, ao fío do resultado en ante a falta de criterios obxectivos na súa elaboración, que as únicas razóns e criterios son de tipo político partidista.

400.000 € para o GDR da Terra Chá e 30.000 € para o da Fonsa

grada

IMG_2152

Os nacionalistas denunciaron que existen excepcións á hora do reparto de fondos e por exemplo o GDR da Terra Chá contará con preto de 400.000 euros para manter a súa estrutura de persoal mentres que a outros GDR da provincia se destinan cantidades inferiores aos 30.000 € para este mesmo concepto que “servirá para manter unha estrutura clientel

ar con fins electoralistas”. Para Cosme Pombo “nos

anuncios de propaganda do presidente da Xunta sempre se fala de dar apoio ao rural pero á hora de repartir as inversións contemplamos, unha vez máis, que a provincia de Lugo desaparece das prioridades do goberno galego”.

 

O BNG DENUNCIA A RETIRADA DE FONDOS PARA OS GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL