O BNG RETA A OROZCO A APROBAR AS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NO PLENO DE FEBREIRO

O BNG RETA A OROZCO A APROBAR AS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NO PLENO DE FEBREIRO

Ante os medios de comuniciación o goberno do PSOE mentiu ao decir que cos orzamentos prorrogados non se poderán conceder subvencións nominativas a entidades asociativas

“O que hai que facer é traballar e levar a pleno unha proposta de subvención nominativas” dixo Paz Abraira

Lugo a 15 de xaneiro de 2014. O BNG retou ao goberno de Orozco a levar ao pleno de febreiro unha proposta para aprobar as axudas nominativas para o 2014. Paz Abraira apuntou que se o goberno está realmente preocupado polo mundo asociativo “ten que elaborar unha proposta de axudsa nominativas para o pleno de febreiro”. A voceira municipal do BNG no concello de Lugo acusou de "mentir" á edil de economía do concello de Lugo polas súas declaracións, ante os medios de comunicación, nas que indicaba que debido á prorroga dos orzamentos non se poderán conceder subvencións nominativas a entidades asociativas, culturais, sociais, veciñais e deportivas lucenses. Abraira lembrou que “son moitos os concellos que teñen os orzamentos prorrogados e non por eso castigan ao tecido asociativo”.

A voceira do BNG sinalou que “estamos ante unha mentira coa que queren cubrir a súa incapacidade” e pediulles integrantes do goberno municipal “que teñan a dignidade de non mentir e de non trasladar informacións falsas”. Abraira asegurou tamén que “o BNG non vai quedar calado ante as mentiras e así o imos trasladar ao movemento asociativo” e dixo que “seguramente ao longo deste ano asistiremos a actuacións deste calibre nas que culparán a todo o mundo, menos a eles mesmos, de todo o que está acontecendo neste concello”.

Abraira sinalou que o BNG é partidario de aprobar, canto antes, as subvencións nominativas deste ano dunha maneira xusta e equitativa. Abraira dixo que se o goberno presenta unha proposta na que se teña en conta o traballo real que fai o mundo asociativo que existe nesta cidade vai ter o apoio do BNG, sen dúbidalo”. A nacionalista lembrou que no ano 2013, dun total de 1.326.400 €, deportes contou con 895.000 € o que supón un importante desequilibrio no reparto destas axudas sobre todo se “temos en conta que no groso desta cantidade non estamos falando de deporte de base precisamente”.

Falta de traballo

O BNG critica a falta de traballo do equipo de goberno do concello de Lugo e Paz Abraira dixo que “non son quen de aprobar as subvencións, non son que de aprobar obras necesarias, non son que de facer o seguimento de obras e nin siquera son capaces de bachear unha rotonda no Ceao. Paz Abraira asegurou que o BNG está disposto a traballar o que faga falta para que se aprobe unha proposta no pleno de febreiro e criticou ao goberno municipal pola súa falta de traballo asegurando que “non vai ser o BNG quen diga que non a unha proposta razoable do goberno para aprobar as axudas nominativas para 2014”. Abraira suliñou que “como moi ben di o secretario xeral do pleno o que hai que facer é traballar nas propostas que queiran presentar e negocialas previamente”.

Cartos sen adxudicar en Cultura

Entre as críticas verquidas pola voceira nacionalista quedou patente a improvisación á hora da adxudicación das axudas. Abraira referiuse ás axudas da área de cultura, na vía de concorrencia competitiva, nas que so se gastaron 24.500 € dos 33.000 € que figuraban no orzamento de 2013. Un dos moitos casos que se dan por que “non son quen de xestionar os  cartos que están no orzamento”.

O BNG RETA A OROZCO A APROBAR AS SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NO PLENO DE FEBREIRO