O BNG ESIXE A INTERVENCIÓN DOS GRANDES PARTIDOS PARA APARTAR ÁS PERSOAS CORRUPTAS DOS CARGOS
"O normal para unha rexeneración democrática das institucións sería a suspesión dos gobernos municipais e a convocatoria de eleccións anticipadas" dixo Paz Abraira
Para o BNG Orozco non pode seguir á fronte do concello de Lugo e o PSOE debería tomar medidas para apartalo da alcaldía
Lugo, 26 de marzo, 2014. Tras as últimas informacións aparecidas sobre a trama da operación Pokemon, a voceira do BNG no concello de Lugo, Paz Abraira, reiterou a petición de dimisión do socialista López Orozco. Hai unha conversa na que o alcalde de Lugo utiliza o seu posto para prevaricar en conivencia coas empresas que prestan os seus servizos no concello de Lugo. Abraira esixiu aos dous grandes partidos que tomen medidas sobre as imputacións dos seus cargos nos casos de corrupción que afectan aos concellos de Lugo, Ourense, A Coruña e Santiago.
Dende o BNG descartouse a presentación dunha posible moción de censura contra López Orozco. Abraira explicou que os medios de comunicación relatan hoxe como o voceiro do PP no concello de Lugo, Jaime Castiñeira, mantivo contactos con empresas para tratar sobre a concesión da empresa da auga. "Non imos quitar un corrupto para poñer outro dixo Paz Abraira e engadiu que a primeira responsabiliade é das forzas políticas por manter a estas persoas nos seus cargos. A voceira nacionalista dixo, tamén, que "o normal para unha rexeneración democrática das institucións sería a suspesión dos gobernos municipais e a convocatoria de eleccións anticipadas".
Para o BNG non hai ningunha dúbida de que Orozco debe dimitir de inmediato non pode seguir sendo alcalde de Lugo e se el non dimite o PSOE debe adoptar as medidas oportunas para apartalo da alcaldía por que este señor non pode seguir ao frente do noso concello. As acusacións son gravísimas afirmou Paz Abraira que considera que PP e PSOE están cheos de cargos públicos que utilizan os seus postos en beneficio propio e das súas organizacións e vemos como a corrupción está perfectamente instalada nestas dúas forzas políticas.
Recuperar a xestión dos servizos públicos
Paz Abraira sinalou que "compre que as administracións recuperen a xestión dos servizos públicos" para poder establecer procesos transparentes de contratación das persoas que prestan servizo ás administracións. É prioritario modificar a lexislación para que as administracións poidan contratar persoal e prestar os servizos públicos directamente. Esto é necesario por que vemos constantemente como as empresas privadas se prestan a este tipo de actuacións dixo Abraira.
Axilidade da xustiza
Esiximos axilidade á xustiza dixo a voceira do BNG no concello de Lugo por que non pode ser que día si e día tamén que a cidade de Lugo estea en boca de todo o mundo. Para o BNG Hai que depurar as responsabilidades xudiciais canto e cargar con todo o peso da xustiza sobre aquelas persoas que así se dictamine pero tamén hai que depurar as responsabilidades políticas e neste caso, e nos das outras cidades, somentes se pode facer a través da dimisión das persoas imputadas.