O BNG ACUSA AO PSOE DE AVALAR A CORRUPCIÓN NO CONCELLO DE LUGO

O BNG ACUSA AO PSOE DE AVALAR A CORRUPCIÓN NO CONCELLO DE LUGO

IMG_2944Paz Abraira afirma que “o BNG non vai negociar cunha forza política que, tras os últimos feitos coñecidos, mantén na alcaldía a López Orozco"

"A asamblea dos nacionalistas decidirá o futuro posicionamento do BNG no concello de cara aos vindeiros plenos" dixo Alexandre Penas

Lugo, 28 de marzo, 2014. Unha vez coñecida a decisión de López Orozco, avalada polo PSOE, de manterse na alcaldía de Lugo, o BNG avanzou que “non vai negociar cunha forza política que, tras os últimos feitos coñecidos, mantén na alcaldía a López Orozco”. Así o asegurou a voceira do BNG, Paz Abraria, que considera “imprescindible que o PSOE aparte do goberno a López Orozco” e acusou ao PSOE de “avalar a corrupción no concello de Lugo”. Abraira xa esixira aos dous grandes partidos que tomen medidas sobre as imputacións dos seus cargos nos casos de corrupción que afectan aos concellos de Lugo, Ourense, A Coruña e Santiago.

Abraira dixo que o BNG continuará velando polo ben e polo interese das veciñas e veciños de Lugo. Para o BNG compre unha rexeneración democrática do concello de Lugo e “a responsabilidade é do PSOE e do PP que son os que teñen cargos citados nos sumarios que coñecemos das últimas operacións xudiciais”. O BNG é a única forza política, con representación no concello de Lugo, que non ten cargos citados nin imputados nas tramas investigadas pola xustiza. Segundo a voceira nacionalista “o BNG seguirá plantexando alternativas sociais e económicas que sobre se centren nos máis desfavorecidos cousa que nin PP nin PSOE están facendo neste momento”.

Pola súa banda o reponsábel comarcal do BNG, Alexandre Penas, anunciou que o consello local do BNG fará unha proposta dirixida á asemblea de militantes para que “o grupo municipal do Bloque non negocie ningún asunto con este, máis que cuestionado goberno do PSOE”. Os nacionalistas teñen previsto, se a asamblea local así o ratifica, non negociar as propostas que o equipo Orozco planea levar aos vindeiros plenos do concello de Lugo.

Penas engadiu que “o BNG votará nos plenos pensando no mellor para a veciñanza da nosa localidade” en engadiu que “este alcalde non conta coa confizanza da nosa organización política como xa o temos indicado por activa e por pasiva”. Para o BNG “Orozco ten deixar de utilizar o concello e o seu cargo de alcalde como parapeto para defender as actuacións, nada éticas, que ten realizado”.

O BNG ACUSA AO PSOE DE AVALAR A CORRUPCIÓN NO CONCELLO DE LUGO