O BNG ESÍXELLE Á XUNTA QUE SE RESPONSABILICE DO FRAUDE DE ALIMENTOS LÁCTEOS
Varios gandeiros compareceron, en A Pastoriza, acompañados do parlamentario do BNG, Cosme Pombo, e da edil nacionalista Elba Carrera e denominaron a débeda como a estafa das preferentes no agro
O deputado lucense do BNG no Parlamento Galego acusou á Xunta de exterminar un proxecto de base cooperativa que puido ser o xermolo dun grupo lácteo galego
Lugo, 31 de xaneiro de 2013. Un grupo de gandeiros, afectados polas débedas da empresa Alimentos Lácteos a varias cooperativas, compareceron para esixir o pago dos cartos que se lles adebedan polo leite entregado para esta empresa. O deputado lucense do BNG no Parlamento Galego, Cosme Pombo, presentou as iniciativas que o BNG levará ao parlamento galego para instar ao goberno da Xunta a utilizar todos os instrumentos xurídicos á súa disposición coa finalidade de garantir que no proceso preconcursal se preserven os intereses das cooperativas e explotacións coas que mantén débedas, dos e das traballadoras e do erario público. Outra das demandas do BNG está centrada en velar polo uso do financiamento público que se lle achegou e polo cumprimento das condicións que se acordaron para dito financiamento.
O BNG tamén demandará, tamén, do goberno galego que se preserve o mantemento da actividade de envasado de leite na factoría de Outeiro de Rei e que acade o funcionamento a pleno rendemento da planta para garantir o mantemento de todos os postos de traballo. Outra das peticións dos nacionalistas van encamiñadas a garantir o pago ás cooperativas e explotacións de todas as cantidades que se lles deben pola entrega de materia prima, incluída a utilizada para a ampliación de capital. A Xunta deberá, tamén, exercer a tutela sobre o fondo de comercio das marcas comerciais de Alimentos Lácteos para evitar a súa perda de valor e para a súa posta a disposición dun proxecto viábel. O BNG esixirá, na cámara galega, que se depuren responsabilidades políticas que se deriven da actuación do Goberno Galego neste asunto.
O gandeiros, pertencentes á cooperativa Gancobre da Pastoriza cuantificaron a débeda de Alimentos Lácteos aos socios desta cooperativa nuns 1.600.000 . Este importe correspondería á débeda cuns 100 gandeiros e sería a suma das súas aportacións á sociedade, as débedas acumulados polos impagos do leite a suscripción de créditos participativos. Sobre este
A viabilidade de Alimentos Lácteos está lastrada pola necesidade de contar con capital circulante e de leite para envasar. A pesares de que por parte da Xunta de Galiza se fixeron diversas operacións, por valor de arredor de 6 millóns de euros, para dotar de liquidez á empresa nunca se deu resolto a situación que a cada paso se foi facendo máis insostíbel a pesar da tutela por parte da Xunta nas decisións empresariais que desde o mes de febreiro de 2012 se viron obrigados a aceitar en función do apoio recibido. A falta de pago ás cooperativas e explotacións provocou que moitas delas deixasen de fornecer o seu leite, levando á situación actual na que a súa produción non chega nin á cuarta parte da súa capacidade produtiva, chegando a darse a situación crítica que non ter capacidade de abastecer á demanda das marcas propias, que, ate o de agora, foron o seu maior valor engadido.
Unha estafa similar á das preferentes
O gandeiros, pertencentes á cooperativa Gancobre da Pastoriza cuantificaron a débeda de Alimentos Lácteos aos socios desta cooperativa nuns 1.600.000 . Este importe correspondería á débeda cuns 100 gandeiros e sería a suma das súas aportacións á sociedade, as débedas acumulados polos impagos do leite a suscripción de créditos participativos. Os gandeiros reclamantes afirmaron que en ningún momento foron informados, nin coñecedores de que estaban a susbcribir créditos participativos da cooperativa e compararon a súa situación como similar aos afectados polo fraude das preferentes. Hai gandeiros que acumulan débedas no cobro do leite superiores aos 50.000 e a media está entre os 20.000 e os 30.000 . Ao mesmo tempo os gandeiros sinalaron a escasa ou nula información que lles foi facilitada dende a Gancobre sobre o estado das contas da cooperativa e sobre as negociacións con Alimentos Lácteos.
A curta história de Alimentos Lácteos
Cosme Pombo lembrou, na súa intervención, como no ano 2009 a empresa Pascual anunciou a súa intención de desvincularse da planta láctea de Outeiro de Rei e desde o ámbito cooperativo galego tentouse articular un proxecto de base cooperativa para facerse cargo desta planta. Inicialmente un total de 23 cooperativas, a práctica totalidade das existentes, estaban integradas neste proxecto que mesmo chegou a presentarlle ao Goberno Galego un plan de viabilidade e que o único que demandaba era un mínimo apoio por parte da administración galega. Segundo Pombo, naquel momento xa se tiña acadado un acordo coa familia Pascual en canto ás condicións en que se ía producir con aluguer, con opción de compra de dita planta.
Segundo o parlamentario do BNG, naquel momento, o Goberno galego e o Partido Popular, por razóns estritamente político partidarias torceron ese proxecto e promoveron que acabase facéndose cargo da factoría un reducido grupo de 6 cooperativas, á que posteriormente se lle sumou algunha outra, mais que non contaban con ningún plan de viabilidade, nin experiencia, nin base cooperativa suficiente para facer prosperar o proxecto. Parte destas cooperativas estaban nunha delicada situación económica. Non tivo que transcorrer moito tempo para constatar as valoracións que daquela fixo o Bloque Nacionalista Galego e xa no ano 2010 comezaron os problemas de viabilidade.