O BNG FARÁ UN ESTRICTO CONTROL AO PSOE E PP SEMPRE QUE SE ATAQUEN OS INTERESES DOS CIDADÁNS

O BNG FARÁ UN ESTRICTO CONTROL AO PSOE E PP SEMPRE QUE SE ATAQUEN OS INTERESES DOS CIDADÁNS

Paz Abraira reafirmouse na acusación, feita onte no pleno, de que este PXOM defende os intereses particulares de determinados membros destacados do PP

“Poñer prezo á vida das mulleres” así cualificou Paz Abraira a proposta

presentada polo PP, no pleno de onte, respecto á adhesión

a un protocolo en materia de violencia de xénero

LUGO, 4 de decembro de 2012. O Bloque Nacionalista Galego, a través da edil Paz Abraira, fixo unha avaliación do pleno celebrado onte no concello de Lugo. A primeira das valoracións que fixo a nacionalista Abraira foi sobre a nova situación dos concelleiros do BNG que “provoca incomidade nas filas do PP xa que se lles acobou iso de atacar permanentemente ao BNG polo feito de estar no goberno municipal”. Paz Abraira sinalou que “non facemos como outros e non nos aferramos a ningunha cadeira, en cada momento o BNG toma aquelas decisións que son positivas para os cidadáns e para o concello de Lugo”.

 

O BNG fará, segundo anunciou Paz Abraira, un estricto control ao goberno e tamén ao partido popular naquelas cuestións que afecten aos dereitos das persoas e das clases máis desfavorecidas. Esta actitude que tomará o BNG, a partir de agora, como grupo de oposición no concello de Lugo “é o que demanda a sociedade nestes momentos que estamos sufrindo os recortes impostos por Europa e que teñen o seu reflexo na situación dos concellos”.

 

Respecto ao transcurso do pleno celebrado onte no concello de Lugo, para o BNG, “púxose de manifesto o pacto que, no seu moento, subscribiron PP e PSOE para aprobar o documento máis importante dos últimos anos no concello de Lugo”. O BNG mantivo sempre unha postura de rexeitamento a este documento por considerar que “non é un plan positivo para os intereses de Lugo”. Ao igual que fixo no Pleno de onte Abraira sinalou que “É un documento incómodo para o PP por que non é documento que defenda os intereses do veciños e veciñas de Lugo”. Paz Abraira sinalou que “tanto PP como PSOE pretenden que aprobar un PXOM lesivo para Lugo e acordado na sombra por ámbalas dúas forzas políticas con rapidez e tratando de evitar a transcendencia social dun asunto tan importante para Lugo”.

 

Un PXOM á medida dos intereses de persoas vencelladas ao PP

Paz Abraira reiterou, tal e como fixera durante o pleno,  que “neste plan estánse defendendo intereses concretos de determinadas persoas vencelladas ao PP que teñen moita presa por aprobar o documento”. Abraira retou a Jaime Castiñeiras, tras as advertencias feitas por este no pleno de onte, a levar ao BNG ante a fiscalía por estas aseveracións. A preguntas dos xornalistas Paz Abraira especificou que “no proceso anterior tiveron que anular a expropiación do Chalet de Cobreros, propiedade da familia dun significado membro do PP, polo escándalo que supoñía a indemnización proposta”. Abraira tamén se referiu a que “non se dan as mesmas condicións en todos os casos” e así puntualizou que no caso dos terreos da zona urbanizable de Bocamaos, que tamén son propiedade da mesma familia, “manten practicamente o mesmo tamaño que tiña nun principio mentres que outros urbanizables co mesmo criterio foron eliminados ou amplamente reducidos”.

 

O prezo da vida das mulleres

Paz Abraira repetiu as palabras ditas onte no salón de plenos do concello e insistiu en que “é denigrante que o PP presente iniciativas como a que presentou onte, onde o único que lles preocupa e que se asine ou non un protocolo, cando o que están facendo realmente é poñerlle prezo á vida das mulleres”. A edil do BNG cargou contra as políticas de recortes que está a practicar o PP, na xunta e no goberno do estado, nas políticas de igualdade e de prortección das mulleres maltratadas xa que “sen recursos públios é imposible sair da espiral da violencia”.

 

Desafiuzamentos

Outro dos temas tratados na rolda de prensa foi a “incomodidade” que, segundo Paz Abraira, lle supón ao PP tratar temas como os desafiuzamentos. Abrarira relatou como na primeira xuntanza da comisión municipal sobre os desfiuzamentos “a grande preocupación do PP eran de caracter formal como a denominación da comisión ou se hai presenza ou non de entidades como stop desafiuzamentos”. Paz Abraira afirmou que o propio Jaime Castiñeiras chegou a suxerir que “unha comisión estrictamente municipal tería máis empaque á hora de negociar coas entidades bancarias que unha comisión con presenza de colectivos sociais”. Para o BNG  a enmenda presentada onte polo PP á moción dos nacionalistas non fai máis que “un intento de lavar a cara decindo que do goberno do estado e da xunta xa manifesta unha especial sensibilidade coas persoas afectadas”. Paz Abraira rematou a súa intervención convidando  a todos os lucenses a participar na concentración convocada pola plataforma STOP – desafiuzamentos ante a subdelegación do goberno no día de hoxe.

O BNG FARÁ UN ESTRICTO CONTROL AO PSOE E PP SEMPRE QUE SE ATAQUEN OS INTERESES DOS CIDADÁNS