O BNG recibe aos traballadores de Urbaser
04 dec. 2012 - 20:32
Representantes do Comité de Empresa de URBASER mantiveron esta mañá unha xuntanza co responsabel local do BNG, Alexandre Penas, e coa edil nacionalista Paz Abraira. Nesta xuntanza os traballadores de URBASER manifestáronlles aos representantes do BNG a súa preocupación polas circunstancias que se están a dar no proceso de negociación do convenio colectivo desta empresa que presta servizos ao concello de Lugo.
Os representantes do BNG manifestaron o seu apoio aos traballadores de URBASER á hora de defender os seus dereitos como traballadores. Para o BNG "compre que as empresas que traballan para as administracións públicas cumpran as súas obrigas cos traballadores e non se amparen na crise para engordar as súas contas de resultados"