O BNG INICIA A SÚA CAMPAÑA ÁS EUROPEAS BAIXO O LEMA CORAZÓN NA GALIZA, FUTURO NA TERRA

O BNG INICIA A SÚA CAMPAÑA ÁS EUROPEAS BAIXO O LEMA CORAZÓN NA GALIZA, FUTURO NA TERRA

rIMG_3909 Olalla Rodil, número tres da lista do BNG, dixo que  “compre a presenza do BNG en Europa para revelarnos contra as políticas impostas dende Bruxelas

O BNG presenta unha candidatura, encabezada pola eurodeputada Ana Miranda, ampla, plural e integrada por persoas de diferentes ámbitos da vida cultural, social, sindical e profesional de Galiza

Lugo, 8 de maio 2014. O BNG iniciou a campaña para as eleccións ao Parlamento Europeo co tradicional acto de pegada de carteis na praza da Soidade de Lugo. Un nutrido grupo de afiliados, simpatizantes e cargos do BNG acompañaron á número tres da candidatura nacionalista ás eleccións ao Parlamento Europeo, Olalla Rodil. A candidatura do BNG, encabezada pola eurodeputada Ana Miranda, é, segundo Olalla Rodil, “o equipo da casa, a única candidatura que defenderá os intereses de Galiza en Bruxelas” e “a única forza política galega que non dependerá de partidos estatais para tomar as súas decisións”.

A candidata nacionalista dixo que “compre a presenza do BNG en Europa para revelarnos contra as políticas impostas dende Bruxelas que levan anos desmantelando o rural galego e o tecido agro-gandeiro deste país”. Ademais, Olalla Rodil, referiuse os máis de 118.000 mozos e mozas galegas obrigadas a emigrar nos útimos cinco anos por culpa das políticas neoliberais aplicadas polos gobernos da Xunta do Estado e de Bruxelas. Para Olalla Rodil “é fundamental apoiar a candidatura do BNG para que o noso pobo a decidir sobre o seu futuro”.

rIMG_3887Olalla Rodil salientou o traballo feito pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda, durante estes anos en Bruxelas representando os intereses de Galiza. Rodil destacou que “o BNG foi a única forza que defendeu no Parlamento Europeo aos sectores produtivos galegos, cousa que non sucedeu cos representantes dos grandes partidos que tamén forman parte do hemiciclo de Bruxelas”.

O BNG levará a cabo unha campaña austera, baseada no contacto coa xente e no traballo da militancia e dos simpatizantes que son, segundo a candidata nacionalista, “a verdadeira forza do BNG”. Olalla Rodil salientou que “o BNG, ao contrario que as forzas apoidas polos grandes partidos estatais, non contará con sobres en B, nin créditos bancarios, nin axudas das grandes corporacións para financiar esta campaña cara o Parlamento Europeo”.

 

A candidatura

A candidatura do BNG ao Parlamento Europeo está composta por mulleres e homes de diversos sectores sociais agredidos polas políticas regresivas do PP na Xunta de Galiza, no Estado e na Unión Europea. Encabezada pola eurodeputada Ana Miranda, a candidatura do BNG representa a amplos sectores implicados na vida cultural, social, sindical e profesional de Galiza.

 

  1. Ana Miranda Paz, Executiva Nacional, representante do BNG no Parlamento Europeo.
  2. Xosé Manuel Carril Vázquez, profesor de Dereito na UdC, concelleiro e activista social.
  3. Olalla Rodil Fernández, Permanente de Galiza Nova, 24 anos, xornalista e especialista na UE.
  4. Xesús Manuel Domínguez Domínguez, autónomo, portavoz da Plataforma de Afectad@s polas preferentes en Compostela.
  5. Alba Inés Fidalgo Bugarín, activista social.
  6. Xesús de Toro Santos, profesor de ensino secundario e escritor.
  7. Isabel Martínez-Risco Valdivieso, actriz e activista cultural.
  8. Manuel González Moreira, médico, portavoz SOS-Sanidade.
  9. César Rodríguez Martínez, traballador do naval na ría de Vigo. Responsábel do sector naval da CIG.
  10. Mª Victoria Louro Ferreiro, activista feminista e ecoloxista.
  11. Xavier Aboi Pérez, responsábel da CIG-Mar e portavoz do colectivo de mariñeiros afectados polo remate do acordo pesqueiro con Mauritania.
  12. Noa Fernández Gómez, avogada.
  13. Alba Castanedo Sánchez, estudante, militante de Galiza Nova e activista dos Comités.
  14. Mirian Rodríguez Fernández, activista na Plataforma de Afectad@s polas Preferentes do Baixo Miño.
  15. Alfredo Suárez Canal, profesor e ex conselleiro de Medio Rural.
  16. Iago Rodríguez-Lestegás Tizón, arquitecto e investigador que estivo emigrado en Noruega e agora é bolseiro en Italia. Militante de Galiza Nova.
  17. Camilo Nogueira Román, ex-deputado no Parlamento Galego.

Suplentes:

  1. Lois Anxo Ferreiro Bestilleiro, Independente, vinculado á Unión veciñal “26 de Abril” de Carral. Traballador de Atein Naval, auxiliar de Navantia.
  2. Davinia Rubinos Regueiro, enxeñeira técnica industrial. Militante de Galiza Nova e activista no movemento feminista.

O BNG INICIA A SÚA CAMPAÑA ÁS EUROPEAS BAIXO O LEMA CORAZÓN NA GALIZA, FUTURO NA TERRA