O BNG DENUNCIA O ELEVADO GRADO DE CONTAMINACIÓN DO RIO RATO NA ZONA DA GARABALLA

O BNG DENUNCIA O ELEVADO GRADO DE CONTAMINACIÓN DO RIO RATO NA ZONA DA GARABALLA

IMG_3872 A contaminación está provocada por dos pozos de tormenta que foi contruido con fondos do Plan E e non conta co necesario mantemento por parte do Concello de Lugo

Paz Abraira sinalou que “este é un exemplo máis do abandono da área de medio ambiente do Concello de Lugo, por parte do seu responsable, que está máis preocupado dos acordos co PP que de atender aos asuntos que lle competen”

Lugo, 7 de maio de 2014. O BNG denunciou hoxe o elevado grado de contaminación do río Rato na zona da Garaballa. A presenza de augas fecais, aceites e outros residuos nesta parte alta do río está provocada pola presenza dun pozo de tormentas que non conta co mantemento axeitado. A voceira do BNG no concello de Lugo explicou que “o concello non atende debidamente o mantemento deste pozo de tormenta por que a empresa encargada está sen contrato neste momento”. Ademais do deterioro medioambiental que supón para o río Rato, os vertidos producen importantes cheiros que sofren as veciñas e veciños da zona.

Para o BNG “aquí vese desatención do goberno do PSOE polos barrios periféricos da cidade e polas cuestións medio ambientais”. Abraira sinalou, tamén, que “este é un exemplo máis do abandono da área de medio ambiente do Concello de Lugo, por parte do seu responsable, que está máis preocupado dos acordos co PP que de atender aos asuntos que lle competen”. Ademais da contaminación das augas no tramo inicial do río Rato, os nacionalistas denunciaron tamén o derrubamento de parte dunha das rúas da Garaballa polo efecto do arrastre da auga.

IMG_3876Paz Abraira informou que a empresa encargada do mantemento dos pozos de tormenta atópase neste momento sen contrato xa que este caducou fai tempo. Nesta situación, co contrato prorrogado, a empresa non pode asumir máis carga de traballo que incluída no prego de cláusulas no momento da contratación. Este pozo de tormenta foi construído no ano 2011 pola Confederación Hidrográfica e entregado, para a súa explotación e mantemento, ao concello de Lugo.

Dende o BNG sinalaron que non todas as preocupacións polos cauces fluviais deben ir dirixidas ás afectacións sobre o PXOM por que “en plena cidade temos un importante foco de contaminación que se traslada a un cauce fluvial no que, recentemente, se investiron moitos cartos para o seu saneamento”. O BNG presentará no concello de Lugo unha serie de iniciativas para que se poña solución a este importante problema que afecta a veciños e veciñas da zona e a todo o cauce do río Rato.

O BNG DENUNCIA O ELEVADO GRADO DE CONTAMINACIÓN DO RIO RATO NA ZONA DA GARABALLA