O BNG INSISTE NA NECESIDADE DUN PLAN CHOQUE CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA PARA ESTE INVERNO
Os nacionalistas queren saber se o goberno municipal analizou cal é o novo perfil de usuarios dos servizos sociais municipai
O goberno municipal non adaptou o funcionamento dos servizos sociais ás circunstancias actuais e esto fai que moitas familias queden desprotexidas sinalou Cristina Ferreiro
Lugo, 17 de outubro 2014. A edil do BNG, Crisitina Ferreiro, demandou do goberno municipal información sobre as previsións do departamento de servizos sociais para afrontar os problemas que moitas familias lucenses sufren deirvados da chamada pobreza enerxética. Os nacionalistas xa lle presentaron ao goberno socialista unha serie de propostas entre as que estaba a dotación dunha importante partida económica para atender, dende os servizos sociais, as necesidades de moitas persoas que por primeira vez teñen que facer dos servizos sociais municipais.
Cristina Ferreiro explicou que dende o comenzo da crise económica o perfil das persoas usuarias dos Servizos Sociais foi mudando e engadiu que a día de hoxe nada ten que ver tipo de persoas que se achegan ata os servizos sociais municipais co perfil dos usuarios e usuarias de fai uns anos. Para o BNG compre saber se o concello de Lugo realizou algún estudo sobre o novo perfil da persoas usuarias dos servizos sociais xa que, segundo Cristina Ferreiro, o goberno municipal non adaptou o funcionamento dos servizos sociais ás circunstancias actuais e esto fai que moitas familias queden desprotexidas
En vista dos novos perfís das persoas usuarias e da actual situación é fundamental que o goberno municipal adopte medidas encamiñadas á paliar a pobreza enerxética que está afectando a moitos fogares lucenses dixo Cristina Ferreiro. Ademais dun incremento necesario nas partidas de emerxencia social para o BNG compre que se axilicen os trámites burocráticos e que se atendan as necesidades específicas de familias que por primeira vez teñen que acudir ás axudas públicas para poder afrontar as súas necesidades máis básicas.