O BNG LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS A DESTRUCIÓN DOS ACHÁDOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

O BNG LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS A DESTRUCIÓN DOS ACHÁDOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

 

Visita de Concelleiros do BNG coa Deputada Rosana Pérez ás obras da A-54

A deputada nacionalista Rosana Pérez preguntou se o Ministerio contara coa preceptiva autorización da Xunta para a eliminar  os restos e polos informes técnicos sobre a trancendencia da excavación

O BNG ten presentado iniciativas no Parlamento Galego, no Congreso no Concello e na Deputación de Lugo para protexer este achados de transcendental importancia para o estudo do mundo castrexo

Madrid, a 4 de decembro de 2013. A deputada do BNG no congreso, Rosana Pérez, presentou unha serie de preguntas dirixidas ao Goberno de España para clarificar en que condicións o Ministerio de Fomento procedeu a eliminar os restos arqueolóxicos aparecidos nas obras da A-54 na parroquia lucense de Coeses. Rosana Pérez lembrou que o BNG instara ao goberno galego a “adoptar as medidas necesarias para preservar e conservar os restos arqueolóxicos atopados en Coeses, así como a realizar as actuacións precisas para a súa posta en valor.”  A deputada nacionalista Rosana Pérez preguntou se o Ministerio contara coa preceptiva autorización da Xunta para a eliminar  os restos e polos informes técnicos sobre a trancendencia da excavación.

 

A destrución consumouse a pesares de que o BNG demandou en todas as institucións a protección destes restos. Para o BNG resulta inaceptable este xeito de actuar por parte do Ministerio de Fomento que acaba de arrasar uns dos restos arqueolóxicos fundamentais para clarexar aspectos do mundo castrexo que eran descoñecidos ata o momento. Pérez preguntou tamén se foron realizados estudos técnicos sobre os restos atopados e cales son as conclusións destes estudos.

 

Os  restos arqueolóxicos atopados nas obras da Autovía Lugo-Compostela na parroquia lucense de Coeses eran, segundo todos os expertos, un achado singular e importantísimo por tratarse dun conxunto arqueolóxico único e que permitiría coa súa conservación, abrir novas vías de investigación científica arredor do pasado castrexo lucense e galego, despexando incógnitas sobre as tradicións mortuorias até o de agora practicamente descoñecidas.

 

O conxunto consta de tres partes: o Castro de Valente por un lado,  a Chousa do Castro por outro e no medio os transcendentais restos de inhumacións que foron destruídos polo actual trazado da Autovía. Dende o BNG sinalouse “que todos os restos atopados deberan ser tratados en conxunto xa que posúen un valor inconmensurable non só para Lugo senón para o conxunto da historia e do patrimonio galego, o cal necesariamente debe implicar a súa conservación e estudo”.

 

Para o BNG resulta lamentable que un proxecto destas características non contemple a protección do noso patrimonio xa que a existencia do Castro era coñecida e recoñecida por técnicos, especialistas e a propia toponimia do lugar indica, claramente, a existencia dun lugar que debe ser considerado de alta protección. Houbo xa dous cambios mínimos no trazado para evitar a destrución do Castro de Valente e da necrópole de icineración pero non se acometeu a desviación necesaria para evitar a destrución do xacemento que engloba a todo o xacemento de Coeses que é único no seu conxunto.

O BNG LEVA AO CONGRESO DOS DEPUTADOS A DESTRUCIÓN DOS ACHÁDOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES