O BNG LEVOU AO CONGRESO DOS DEPUTADOS UNHA INICIATIVA CONTRA A GASOLINEIRA DE CARREFOUR
Está claro que na Confederación Hidrográfica existen dúas varas de medir dependendo de quen sexa o promotor da iniciativa dixo Rosana Pérez
A deputada do BNG animou á xente de Lugo a mobilizarse para parar esta barbaridade permitida polas administracións estatal e galega
Lugo, 9 de decembro 2014. O BNG presentou, no congreso dos deputados, unha serie de iniciativas sobre a instalación dunha gasolineira no centro comercial de As Saamasas en Lugo. A deputada Rosana Pérez afirmou que a iniciativa nacionalista vai encamiñada a que o Ministerio de Medio Ambiente clarifique a postura da Confederación Hidrográfica no tema da gasolineira e engadiu que está claro que na Confederación Hidrográfica exis
ten dúas varas de medir dependendo de quen sexa o promotor da iniciativa.
Para a Deputada do BNG chama a antención que haxa todos os impedimentos por parte da Confederación Hidrográfica e da administración autónomica para que se poida crear a zona pública de baño e se den todas as facilidades para a construción dunha gasolineira. Rosana Pérez sinalou que, como ocurriu no caso de Sarria a mobilización da xente é o único que pode parar este tipo de barbaridades como se demostrou en Sarria e dixo que dende o BNG animamos á xente para que se sigan mobilizando e as cousas, nunca mellor dito, volten ao seu cauce.
Rosana Pérez explicou, na súa visita a Lugo, que a instalación desta gasolineira está amparada por unha lei de ámbito estatal aprobada polo partido popular que lles permite aos centros comerciais contar cunha gasolineira. A chamada Lei de Emprendemento en realidade é unha ferramenta para dar facilidades ás multinacionais para que continúen aumentando o seu negocio explicou Rosana Pérez que sinalou que da igual onde está situado o centro comercial, aínda que se sexa á beira do río ou no ámbito dunha reserva da biosfera, como é este caso.