RUBÉN ARROXO, ACUSA A OROZCO DE BURLARSE DA XENTE CO CONTO DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS"
Para Arroxo trátase dunha burla aos lucenses que depois de 15 anos Orozco faga esta proposta cando sabe que vai deixar de ser alcalde e non vai executar eses orzamentos
Uns orzamentos participativos serios son algo máis que dar un número de teléfono para que a xente faga propostas dixo o candidato nacionalista
Lugo, 5 de decembro 2014. O candidato do BNG á alcaldía do concello de Lugo, Rubén Arroxo, criticou a proposta do goberno municipal socialista sobre os orzamentos participativos. Arroxo acusou a Orozco de burlarse da xente co conto dos orzamentos participativos para o candidato nacionalista trátase dunha burla aos lucenses que, despois de 15 anos na alcaldía, Orozco faga esta proposta cando sabe que vai deixar de ser alcalde e non vai executar eses orzamentos. Arroxo engadiu que o goberno municipal socialista quere lavar a cara diante dos lucenses e non saben como facelo, mais non é creible que no mes de decembro, cando os orzamentos se deberían pechar antes do día 31, se faga unha proposta deste tipo.
Rubén Arroxo fixo alusión ás propostas presentadas polo BNG durante este mandato e sinalou que o goberno municipal non foi capaz de cumplir nin unha soa das propostas que o BNG trasladou nestes anos e agora prentenden que a xente crea que lles van deixar opinar de cara aos orzamentos do 2015. Para o BNG uns orzamentos participativos serios son algo máis que dar un número de teléfono para que a xente faga propostas. Nunha sociedade madura, para facer á xente partícipe da xestión política, hai que explicar cales son procesos para elaborar e executar os orzamentos. Hai que crear cauces para que a xente poida participar no control do gasto deses cartos públicos.
A extinción do dinosaurio
Para o candidato do BNG está claro que utilizan a propaganda para enganar á xente. Arroxo explicou que cando este home chegou a ser alcalde eu tiña 13 anos pero agora xa non engana a ninguén con estas operacións de propaganda e engadiu que a un dinosaurio político xa non lle queda máis que facer que usar a propaganda para tratar de evitar a súa inevitable extinción