O BNG DENUNCIA O ABANDONO DE PLACAS DE FIBROCEMENTO NO CAMPO DA FEIRA DE NADELA

O BNG DENUNCIA O ABANDONO DE PLACAS DE FIBROCEMENTO NO CAMPO DA FEIRA DE NADELA

As placas son restos da obra de rehabilitación dos casetos do campo da feira realizada no ano 2012

O BNG xa advertira, no seu momento, da perigosidade destes restos mais permanecen no mesmo lugar almacenados en sacos 

Lugo, 4 de decembro 2014. O BNG denunciou a presenza dunha importante cantidade restos de fibrocemento no campo da feira de Nadela. As placas de fibrocemento foran retiradas durante a rehabilitación das edificacións existentes no campo da feira. Para os nacionalistas “é inconcebible que despois de dous anos estes materiais, considerados altamente perigosos, continuen abandoados sen ningún tipo de control”. O BNG xa lle trasladara, no seu momento, a exitencia deste déposito aos responsables de Medio Ambiente do goberno municipal e dende aquela “limitaronse a metelos nuns sacos e deixalos no mesmo lugar” explicou Paz Abraira.

“É uIMG_6538nha mostra máis do descontrol do goberno municipal e do responsábel da área de Medio Ambiente” dixo Paz Abraira e engadiu que “calquera persoa que queira manipular este tipo de materiais ten que cumprir unha serie de requisitos necesarios para evitar a contaminación que se pode provocar e vemos como o concello abandona, durante máis de dous anos, na beira dun camiño unha cantidade considerable deste material sen máis contención que uns sacos deteriorados”.

As placas de fibrocemento, máis coñecidas como uralita, son un residuo altamente contaminante debido ao amianto que conteñen. O tratamento e retirada destes residuos debe cumprir cunha normativa específica de obrigado cumprimento. Paz Abraira criticou que o concello non cumpra coas normativas que, por outra banda, lles impón aos veciños e veciñas de Lugo.

Os nacionalitas reclamaron, tamén, a limpeza da carballeira e un mantemento axeitado ao entorno da zona. “Atopamos ata televisións tiradas no medio da carballeira” sinalou Paz Abraira. Que lembrou que a carballeira de Nadela é unha das poucas carballeiras que, preto da cidade, pode ter un uso público “ademais de estar nas inmediacións dun centro escolar ao que cada vez acuden máis nenos e nenas”.

 

O BNG DENUNCIA O ABANDONO DE PLACAS DE FIBROCEMENTO NO CAMPO DA FEIRA DE NADELA