IAGO BANDE ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO BNG EN LÁNCARA

IAGO BANDE ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO BNG EN LÁNCARA

Iago Láncara“A xente nova temos que tomar responsabilidades e dar un paso adiante para cambiar o que non nos gusta” sinalou o candidato nacionalista

Bande destacou o traballo do seu predecesor, Carlos López Sierra, como “exemplo de honestidade e defensa do país e da súa cultura”

Láncara, 9 de setembro 2014. Iago Bande Cortizo será o cabeza de lista do BNG á alcaldía do concello de Láncara nas vindeiras eleccións municipais. Iago Bande, é militante do BNG e foi integrante da candidatura nacionalista nas anteriores eleccións municipais. Bande, nado, no ano 1981, na Pobra de San Xiao. Iago Bande traballa de contable e é Licenciado en Adminastración e Direccion de Empresas. Bande foi elixido por unanimidade pola asamblea local do BNG de Láncara para substituir ao actual concelleiro Carlos López Sierra.

Iago Bande dixo que “a intención do BNG é darlle un cambio á política do concello para comezar un novo tempo político” e engadiu que “a xente nova temos que tomar responsabilidades e dar un paso adiante para cambiar e intentar mellorar o que non nos gusta”. O candidato nacionalista sinalou que “o BNG ten moi claro que non se pode permitir que a xente da miña idade, e máis novos, continuen marchando do país”. Para o candidato do BNG “é fundamental que teñamos o máximo apoio da xente para poder ter a forza necesaria no concello á hora de cambiar o xeito de facer as cousas”.

Iago Bande fixo un especial agradecemento a Carlos López Sierra e destacou o seu traballo durante estes anos no que foi voceiro do BNG no concello de Láncara e sinalou que “é un exemplo de honestidade e defensa do país e da súa cultura”. O candidato do BNG afirmou que “no BNG prima o traballo e o pensamento colectivo ao servizo do país”.

 

IAGO BANDE ENCABEZARÁ A CANDIDATURA DO BNG EN LÁNCARA