O BNG DE LUGO PROPÓN A TAREIXA CAMPO COMO CANDIDATA AO PREMIO “ENTRE MULLERES”

Tareixa Campo nunha actuación teatral
O BNG DE LUGO PROPÓN A TAREIXA CAMPO COMO CANDIDATA AO PREMIO “ENTRE MULLERES”

Estes premios, convocados polo concello de Lugo, fanse coincidir coa celebración do 8 de marzo, día da muller, e serven como recoñecemento á traxectoría de mullerers ligadas á vida social, cultual, sindical ou asociativa de Lugo

Lugo, a 17 de febreiro de 2013. O BNG de Lugo decidiu, este ano, propoñer a Tareixa Campo como candidata a recibir un dos premios convocados polo concello de Lugo, co gallo do día da muller, baixo o nome de “Entre Mulleres”. O BNG presenta esta candidatura á vista da traxectoria desta mestra, nacida no Val do Mao (O Incio), que adicou boa parte da súa vida ao teatro e a cultura ligando sempre esta tarefa á defensa de valores sociais e da igualdade. Ademais de todo o traballo desenvolto nas súas facetas de directora, actriz e autora teatral, destaca na traxectoria de Tareixa Campo, o seu papel na promoción e impulso de certames, festiviais e grupos de teatro que a día de hoxe xa teñen a acadado un recoñecido prestixio.

O 8 de marzo cumprense xa os 102 anos do Día Internacional da Muller, da celebración do traballo e esforzo de millóns de mulleres que dalgunha maneira contribuiron e contribuen á defensa da igualdade, do feminismo e dos dereitos das mulleres. Para o BNG é de destacar a coherencia, firmeza e compromiso co que Tareixa Campo ten traballado pola cultura, pola igualdade e a prol dos colectivos sociais. Cofundadora de asociación de Profesores de Teatro "Barriga Verde" e fundadora do grupo teatral "Achádego", Tareixa ten participado no impulso e consolidación de diferentes proxectos culturais como a Aula de Teatro da USC ou o proxecto de teatro afeccionado Buxiganga. Tamén é salientar o compromiso de Tareixa Campo co noso idioma e co patrimonio inmaterial galego.

O BNG DE LUGO PROPÓN A TAREIXA CAMPO COMO CANDIDATA AO PREMIO “ENTRE MULLERES”