A DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO, ROSANA PÉREZ, INTERESOUSE POLOS ACHADOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

A DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO, ROSANA PÉREZ, INTERESOUSE POLOS ACHADOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

O BNG pediralle ao concello de Lugo que “tome cartas no asunto e aplique os protocolos previstos no novo PXOM para estes casos”

“Vannos responder que non hai cartos” dixo Rosana Pérez  respecto ao retraso nas obras “pero que busquen os orzamento preciso e que o saquen de partidas innecesarias”

Lugo, 15 de febreiro de 2013. A deputada polo BNG no congreso dos Deputados, Rosana Pérez, visitou esta mañá as obras da Autovía Lugo-Santiago. Tras a aparición de importantes restos arqueolóxicos, nas excavacións feitas ao paso da autovía pola parroquia de Coeses, o BNG interesarase polas intencións do ministerio de fomento de cara a coñecer a importancia e a posible conservación dos achados. Rosana Pérez estivo acompañada por Paz Abraira e Antón Bao que reclamaron a implicación do Concello de Lugo á hora de avaliar a importancia dos restos atopados e pediron que o concello utilice os mecanismos para catalogar e conservar estes achados que se atopan dentro do termo municipal.

Rosana Pérez sinalou, respecto aos achados arqueolóxicos, que “pensamos que merecen un estudo detallado e preguntarémoslle á ministra de fomento sobre a súa importancia e sobre a intención do ministerio para a conservación dos mesmos”. A deputada do BNG adiantouse ás posibles reaccións do ministerio e advertiu que “dende o BNG non imos permitir que se lle achaque os retrasos a aparición dos restos” dado que “a finalización da obra estaba prevista para o 2015 e agora vaise paralizar a pesares de ter xa un importante retraso acumulado”. O BNG dirixirase ao ministerio de fomento para que explique cales son as medidas que van a adoptar para conservar estes restos que foron definidos polo arqueológos da Xunta como “únicos” e de gran interés por tratarse de restos, probablemente, anteriores a idade do ferro.

A deputada do BNG dixo que “A provincia de Lugo é unha das máis abandonadas polo ministerio de fomento en canto a infraestruturas” e que “non é de recibo que se volva a paralizar unha infraestura tan necesaria para Lugo”. O BNG esixiralle ao ministerio que busque o orzamento necesario para rematar as obras e que “busquen os cartos e que os saquen de partidas innecesarias ou nas que non deben de estar” xa que, segundo Rosana Pérez, “vannos responder que non hai cartos”. Este novo retraso anunciado polo ministerio non lle pon data á finalización da autovía, que estaba previsto para o 2015, co cal, segundo a deputada do BNG, “poderiamos estar falando do ano 2018”.

Intervención do Concello de Lugo

Antón Bao dixo que “instamos ao goberno a que tome cartas no asunto e para que a singularidade destes restos sexan invetigados e os especialistas poidan averiguar a importancia dos restos que parece que alta”. Bao dixo tamén que “existen protocolos establecidos no novo PXOM para este tipo de situacións e o concello de Lugo debe de actuar”.Ademais o voceiro nacionalista no concello de Lugo manifestou a súa preocupación polo futuro dos restos arqueolóxicos atopados e pediu a intervención dos arqueólogos municipais para a súa avaliación. Bao sinalou que o proceso está pendente dun informe da dirección xeral de patrimonio e o BNG reclama tamén da Xunta que acelere o informe para poder tomar as decisións pertinentes. Bao dixo que “se non se actúa con dilixencia poderían desaparecer os restos e esto impediría unha actuación para avaliar a importancia dos achados”. Uns restos que poderían pertencer a unha etapa de transición entre a idade do ferro e a idade de bronce e corresponderían a unha tipoloxía necrópoles castrexas pouco estudiadas ata o momento.

A DEPUTADA DO BNG NO CONGRESO, ROSANA PÉREZ, INTERESOUSE POLOS ACHADOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES