O BNG de Lugo renova o seu Consello Comarcal
Unha lista aglutinadora que conxuga xuventude e experiencia conforma o que será a dirección do BNG na comarca de Lugo-Centro
Consolidar ao BNG como o referente das persoas que demandan unha mudanza política para ter un futuro de benestar no noso país será o obxectivo desta nova dirección
Lugo, 9 de marzo de 2016.O BNG celebrou unha asemblea comarcal na que se aprobou a única candidatura presentada para a renovación dos órganos de dirección comarcais. Trátase dunha candidatura de consenso na que están representadas distintas sensibilidades que forman parte do BNG explicou o novo responsábel comarcal Bernardo Valdês. O novo consello comarcal está formado por un total de 25 persoas e, á candidatura, engádense 5 suplentes. O consello comarcal é o órgano de dirección do BNG nos 37 concellos da zona centro de Lugo e terá unha executiva da que forman parte as 9 persoas que encabezan a lista. A estas 25 persoas sumaranse as/os responsábeis locais escollidas/os polas distintas asembleas locais.
O consello comarcal, que foi elixido hoxe na asemblea do BNG emana dunha candidatura aglutinadora que conxuga xuventude e experiencia e terá como principal obxectivo consolidar ao BNG como o referente das persoas que demandan unha mudanza política para ter un futuro de benestar no noso país. Bernardo Valdês afirmou que son tempos difíciles mais o proceso de renovación no que está inmerso o BNG abre unha etapa ilusiónante para o futuro e engadiu que hoxe mesmo comezaremos a traballar para o BNG sexa o referente que moita xente está buscando nestes momentos de confusión. O BNG ten militancia, organización, e un rumbo claro, por iso estamos certos de que este proxecto político que estamos a construír ten futuro neste país afirmou o novo responsábel comarcal do BNG.
A executiva comarcal, que será o órgano executivo dentro do consello comarcal, está formado por 5 mulleres e 4 homes. Desta executiva forma parte Esther López, que foi responsábel comarcal ata o día de hoxe. Tanto na executiva como no propio consello comarcal hai representación de moitos dos concellos da comarca nos que houbo unha importante renovación e incorporación de persoas grazas ao proceso de Asembleas Abertas que se deu antes das eleccións municipais.
Sobre as posibles baixas na afiliación da formación nacionalista, o novo responsábel comarcal afirmou que todas as decisións individuais son respectábeis mais nós seguimos traballando, en positivo, por un BNG no que teñan cabida todas as persoas que lle queiran a este país e que aposten por unha sociedade máis igualitaria e democrática
CANDIDATURA AO CONSELLO COMARCAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DA COMARCA DE LUGO-CENTRO
1.- Bernardo Valdês Paços
2.- Lucía López Sobrado
3.- Félix Jorquera Caselas
4.- Esther López Rodríguez
5.- Efrén Castro Caloto
6.- Davinia Rubinos Regueiro
7.- Maite Ferreiro Tallón
8.- Xesús Méndez Rodríguez
9.- María Rodríguez Seijas
10.- Iván Sangiao Darriba
11.- Digna Lagarón Doval
12.- Xosé Ferreiro Fernández
13.- Cosme Eladio Pombo Rodríguez
14.- Mónica López Rodríguez
15.- Mario Outeiro Iglesias
16.- Sabela Pérez Martínez
17.- Felipe Nieto Pérez
18.- Rubén Arroxo Fernández
19.- Paz Abraira Sobrado
20.- Xoán Manuel Tubío Fernández
21.- Paula Arias Pérez
22.- Felipe Rivas Jorge
23.- Xosé Manuel Becerra Pardo
24.- Iago Vázquez López
25.- Xosé Antón Bao Abelleira
SUPLENTES
1.- Maria Abuín Sanfiz
2.- Afonso Losada Rodríguez
3.- Montserrat Tubío Fernández
4.- Antonio Niño Saavedra
5.- Branca Rodríguez Pazos