O BNG organizou un acto de homenaxe ao finado Henrique Casanova
O que fora concelleiro do BNG en O Corgo faleceu, fai un ano, de xeito repentino cando voltaba da súa xornada laboral como axente forestal nun incendio na Retorta (Guntín)
Persoas que compartiron amizade, actividade laboral e militancia política reuníronse para lembrar a Quique do Corgo, como era coñecido, no lugar no que se lle colocara unha placa tras o seu falecemento
Lugo, 2 de xullo 2016. No lugar da Retorta no concello de Guntín, organizou o BNG un acto de homenaxe a Henrique Casanova. O que fora concelleiro do BNG en O Corgo faleceu, fai un ano, de xeito repentino cando voltaba da súa xornada laboral como axente forestal nun incendio na Retorta (Guntín). No acto deuse lectura a unha breve biografía de Henrique Casanova e os que foron compañeiros de militancia no BNG do Corgo fixeron unha lembranza do traballo e entrega de Casanova.
Ademais entregóuselle á compañeira de Henrique unha figura conmenorativa que foi creación do ceramista Manolo de Anseán. Persoas que compartiron amizade, actividade laboral e militancia política reuníronse para lembrar a Quique do Corgo, como era coñecido, no lugar no que se lle colocara unha placa tras o seu falecemento. O acto pechouse coa interpretación do Himno Galego por parte das persoas asistentes.