O BNG pedirá explicacións no Parlamento polos recortes no horario dos helicópteros de emerxencias
A decisión do goberno de Feijoo afecta fundamentalmente a Lugo e Ourense nos que este servizo somentes estará operativo de 9:30 a 21:30
Cosme Pombo acusou ao PP de continuar recortándolle a vida ás persoas que padecen infartos ou accidentes en Lugo
Lugo, 22 de marzo de 2016. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, anuncio que levará unha iniciativa ao Parlamento Galego para pedir explicacións pola redución de horarios no servizo dos helicópteros que dependen da Axencia Galega de Emerxencias. Pombo dixo que estamos ante un novo recorte contra a atención sanitaria, neste caso aérea, que reduce o horario de anteción e fai que o servizo esté operativo durante 12 horas. Cosme Pombo acusou ao PP de continuar recortándolle a vida ás persoas que padecen infartos ou accidentes en Lugo
En Lugo e Ourense só funcionan de 9,30h a 21,30h mentres que na Costa da Morte deixa de estar operativo ás 19,30h. Segundo o parlamentario do BNG esta decisión provocará que en Lugo e Ourense non poidan contar cun helicóptero até as 9,30h. e que na Costa da Morte as urxencias a partir das 19,30h. Pombo sinalou que os helicópteros están pensados para atender emerxencias naqueles lugares máis afastados de centros sanitarios e nos que a chegada de ambulancias medicalizadas resulta complexo ou os tempos de atención son excesivos.
O obxectivo destes recortes é a reducción salarial das persoas que pilotan e copilotan os helicópteros e que supoñen "menos de 100 mil euros" para cubrir todas as horas de luz. Cosme Pombo sinalou que os helicópteros poden actuar no período no que existe luz natural e a pesares de que no verán as horas de luz son moitas máis o servizo queda reducido a 8 horas.