É o momento de activar rutas alternativas á ronda da muralla para a futura peonalización
O voceiro do BNG-AA afirmou que as obras da ronda da Muralla deberían ter como finalidade avanzar cara a peonalización e a eliminación do tráfico rodado
Iniciar a peonalización da ronda da Muralla foi unha das 72 propostas que os nacionalistas lle achegaron ao goberno municipal para incluír nos orzamentos de 2016
Lugo, 29 de marzo de 2016. O voceiro do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo, Rubén Arroxo afirmou que as obras da ronda da Muralla deberían ter como finalidade avanzar cara a peonalización e a eliminación do tráfico rodado. Arroxo indicou que o goberno municipal terá que traballar en establecer itinerarios alternativos para evitar atascos na propia ronda da Muralla e nas arterias principais como a Av da Coruña e engadiu que afirmou que as obras da ronda da Muralla deberían ter como finalidade avanzar cara a peonalización e a eliminación do tráfico rodado
Iniciar a peonalización da ronda da Muralla foi unha das 72 propostas que os nacionalistas lle achegaron ao goberno municipal para incluír nos orzamentos de 2016. Rubén Arroxo indicou que é unha oportunidade para demostrar, unha vez máis, que Lugo non precisa ter a muralla rodeada por vehículos de xeito continuo. O BNG Asembleas Abertas aposta por avanzar en liberar á muralla do tráfico de vehículos a motor. É outra oportunidade que ten o goberno municipal para amosar o seu compromiso por poñer, verdadeiramente, en valor a Lugo ao seu monumento máis emblemático.
O voceiro do BNG Asambleas Abertas dixo que poucas cidades europeas se permiten ter un monumento. Patrimonio da Humanidade, de 2.000 anos de antigüidade rodeado por vehículos a motor. Para o BNG Asambleas abertas o proceso de peonalización ten que ser un proxecto de cidade no que todas e todos estemos implicados e apostemos con valentía polo futuro de Lugo. Arroxo afirmou que o goberno municipal ten a oportunidade de amosar o seu compromiso co avance na humanización efectiva da cidade e engadiu que non se debería perder esta oportunidade para comprobar, unha vez máis, como é posible que a ronda da Muralla sen converta nun espazo para as persoas.