O BNG PEDIRÁ NO PLENO UNHA ATENCIÓN ESPECIAL PARA O BARRIO DE LAMAS DE PRADO

O BNG PEDIRÁ NO PLENO UNHA ATENCIÓN ESPECIAL PARA O BARRIO DE LAMAS DE PRADO

IMG_7209“O abandono das rúas, a falta de limpeza, a presenza de barreiras arquitectónicas, etc, poñen en evidencia a falta de atención a unha das zonas con maior poboación do concello” dixo Paz Abraira

Para o BNG “trátase dunha situación similar á de outros barrios da cidade, sobre todo dos que están máis alonxados do centro”

Lugo, 19 de febreiro 2015. O BNG levará ao pleno municipal do vindeiro luns, 2 de marzo, unha proposición para “demandar do Goberno municipal a realización e desenvolvemento dun Plan de Acción Integral do barrio de Lamas de Prado e Abella”. Paz Abraira indicou que “a situación na que se atopa o barrio de Lamas de Prado non é moi diferente á que se vive noutros barrios da cidade, sobre todo naqueles máis alonxados do centro”. Para o BNG “o abandono das rúas, a falta de limpeza, a presenza de barreiras arquitectónicas, etc, poñen en evidencia a falta de atención a unha das zonas con maior número de poboación do concello”. Tratáse dun barrio que acolle a un grande número de residentes con problemáticas sociais específicas derivadas da concentración de vivendas sociais.

Abraira lembrou que “o BNG reclamou en múltiples ocasións a realización de programas específicos de atención a esta zona da cidade, que por ser barreira entre a zona urbana e a non urbanizada da zona da Abella ten características s que requiren accións específicas que este concello non desenvolve”. Recentemente foron trasladadas ao BNG queixas dos veciños e veciñas xa que non houbo respostas concretas por parte das distintas concellerías para facerlle fronte ás situacións que se crean no día a día deste barrio da nosa cidade.

Para o BNG é necesaria unha actuación decidida para abordar todos os problemas detectados. A voceira do BNG sinalou que “hai que deseñar, dende a Área de Benestar Social, un Plan cuadrienal de actuación comunitaria no distrito de Lamas de Prado dirixido por profesionais do Concello en colaboración coa poboación, comunidades de veciños e asociacións  para mellorar a calidade de vida da veciñanza”. Compre tamén un plan de limpeza específico para esta zona da cidade consistente por un lado na eliminación de vertedoiros incontrolados e no incremento da limpeza viaria.

Outra das necesidades salientadas polo BNG é a realización dun plan de mellora viaria que inclúa a rehabilitación integral das beirarrúas, eliminación de barreiras arquitectónicas e mantemento adecuado de todo o mobiliario urbano. Os nacionalistas reclaman tamén “a posta en marcha dun programa de atención ás zonas verdes do barrio que inclúa a análise do estado do arborado e a aplicación de medidas fitosanitarias adecuadas que permitan o uso do mobiliario urbano e a minimización das molestias aos veciños das vivendas máis próximas a dito arborado.”

Outra das demandas veciñais, que o BNG trasladará ao pleno da corporación, será para reclamar que a Patrulla Verde realice un informe sobre o estado das parcelas (edificadas ou non) que non estean desbrozadas e limpas e comunicación a todos os propietarios afectados da súa obriga de realizar labores de mantemento na súa propiedade. Os nacionalistas pedirán que se, nestes casos, se aplique a Ordenanza correspondente con todas as medidas legais necesarias.

O BNG PEDIRÁ NO PLENO UNHA ATENCIÓN ESPECIAL PARA O BARRIO DE LAMAS DE PRADO